Author: Redacción
-
Apertura da terceira convocatoria de axudas: Plan de Reactivación Económica e Social de Santiago (PRESS)
O Concello de Santiago abre a terceira convocatoria de axudas destinada a paliar os efectos provocados polas medidas restritivas ditadas pola autoridade competente para frear a pandemia. Estas axudas se convocan no marco do convenio de colaboración asinado coa Deputación da Coruña para o desenvolvemento do Plan de reactivación económica e social do Concello de…
-
Aprobadas as bases da nova convocatoria de axudas para o comercio e a hostalería, que superan os 3,6 millóns de euros
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou as bases reguladoras da nova convocatoria de axudas para o rescate do comercio local afectado pola crise, así como as destinadas á restauración, hospedaxe e turismo. Son axudas directas, que contan cun orzamento de 3.651.105,36 euros. A finalidade destas axudas é promover e reactivar a…
-

As asociacións de comerciantes dan o visto bo por unanimidade ás bases que rexerán a próxima convocatoria de axudas para o sector
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo esta mañá un novo encontro coas asociacións de comerciantes Comercio Punto Compostela, Compostela Monumental, Em-Rede, Fundación Santiago Centro, e Ourives de Compostela, no que se trataron varios asuntos; entre eles, as bases do terceiro plan de reactivación económica para os sectores que máis de cerca están padecendo…
-

O Concello de Santiago prorroga a autorización de instalación de postos no mercado dos sábados de Fontiñas
O Concello de Santiago vén de prorrogar, con data 9 de abril, a autorización ás persoas titulares de licenzas de venda ambulante do mercado de Salgueiriños para a continuación da instalación dos postos no mercado dos sábados, na rúa París. O pasado 5 de xaneiro, o goberno municipal emitiu unha resolución na que se autorizaba…
-

O alcalde asina na Deputación o convenio polo que a institución provincial achega un millón de euros ao Concello para axudas aos sectores afectados pola covid
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asinou esta mañá na Coruña o convenio de colaboración en virtude do cal a Deputación sumará un millón de euros á terceira convocatoria de axudas do Plan de reactivación económica destinado polo Concello a paliar os efectos negativos que a pandemia está a provocar en determinados sectores. O…
-

Nova xuntanza coas asociacións de comerciantes para sentar as bases da terceira convocatoria de axudas ao sector
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse esta mañá de novo, tralo encontro celebrado o pasado 9 de febreiro, coas asociación de comerciantes Comercio Punto Compostela, Compostela Monumental, Em-Rede, Fundación Santiago Centro, e Ourives de Compostela, co obxectivo de pechar as bases do terceiro plan de reactivación económica para os sectores que máis de…
-
Publicación da listaxe de beneficiarios das axudas ao sector cultural da segunda convocatoria do plan de reactivación económica (decembro 2020)
Hoxe venres, 19 de febreiro, faise pública a listaxe de persoas beneficiarias e de solicitudes denegadas relativa á convocatoria de axudas para o rescate do sector cultural, afectado pola covid-19, anualidade 2020. Trala publicación das axudas ao comercio e á hostalería, faise pública agora a listaxe das axudas relativas ao sector cultural. As persoas e…
-

Bonos de estacionamento gratuíto para reactivar o comercio compostelán
Este xoves, o salón verde do consistorio acolleu a sinatura dos convenios de colaboración entre o Concello e as catro principais asociacións de comerciantes da cidade para o desenvolvemento dun programa de reactivación das compras mediante a entrega de bonos de estacionamento. Esta medida enmárcase no Plan Municipal de Reactivación Económica, posto en marcha para…
-

Publicadas as listaxes provisionais das axudas para a mellora e innovación do comercio local
O Departamento de Comercio vén de publicar as listaxes provisionais das axudas para a mellora e innovación do comercio local, incluídas no programa “Coidar para mellorar” e postas en marchas xunto co Departamento de Políticas Lingüísticas. A dotación definitiva para cada unha das liñas, condicionada á declaración da súa dispoñibilidade logo de que se aproben…
-

Publicadas as listaxes de beneficiarios/as das axudas a autónomos e micropemes e ao comercio do Plan de Reactivación Económica
Dando cumprimento ás bases das respectivas convocatorias, veñen de publicarse as relacións de beneficiarios/as e excluídos/as de tres das convocatorias incluídas no Plan de Reactivación Económica do Concello para facer fronte á situación creada pola COVID-19. En concreto, fanse públicas as listaxes da convocatoria de axudas para autónomos/as e micropemes de menos de 11 traballadores…