O Departamento de Comercio impulsa actuacións para mellorar a oferta comercial de Santiago e promociona o comercio como elemento vertebrador da cidade a través de políticas activas de apoio e impulso
Nota histórica
Santiago é un gran centro comercial aberto cunha tradición mercantil que se remonta á Idade Media. Ao abeiro das peregrinacións, xurdiu a actividade dos importantes gremios, elemento decisivo na evolución histórica da cidade e que deixou pegada no seu rueiro: A Calderería, A Acibechería, Praterías…
Configuración actual
Co paso dos séculos, o comercio evolucionou, pero Santiago segue a ofrecer tradición e modernidade. A diferenza doutras urbes, Compostela non concentra o comercio no centro e dispón de varias zonas comercias con personalidade propios:
- Ensanche
- A Cidade Histórica /Mercado de abastos
- Barrios comerciais da cidade: San Pedro, Conxo, San Roque, Vista Alegre…
- Grandes superficies: Área Central, As Cancelas e Centro Comercial Compostela.