Ficha da subvención
Denominación
Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas, ano 2024
Convocatoria: Aberta
Data de publicación: 22/01/2024
Prazo entrega solicitudes: Inicio 23/01/2024 Fin 31/10/2024
información, ligazóns e consultas
Xunta de Galicia
Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade
Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social
Subdirección Xeral de Emprego
Servizo de Emprego Autónomo
San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545612
Email: autonomos.emprego@xunta.gal
CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE
ORDE do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras do programa Nova oportunidade das persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento TR790A).
BDNS (Identif.): 739845.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Establécese unha modalidade de axuda para as persoas traballadoras autónomas que cesaron na súa actividade e van volver emprender un negocio como persoas traballadoras autónomas e son demandantes de emprego no momento previo á nova alta como persoa traballadora autónoma.
A súa finalidade é facilitar a volta á actividade económica á persoa emprendedora a quen lle foi mal no seu anterior negocio pero ten a experiencia práctica e a iniciativa de volver emprender, no mesmo ou diferente sector.
O programa ten como apoio o bono alta Nova oportunidade para axudar á posta en marcha do novo negocio.
PERSOAS BENEFICIARIAS
Serán beneficiarias destas axudas as persoas autónomas que queren volver emprender de novo:
1. Persoas que fosen autónomas con anterioridade, e que queren volver a emprender:
Serán beneficiarias das axudas as persoas que se dean de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, no período do 31 de outubro de 2023 ao 30 de outubro de 2024, e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter causado alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, no período do 31 de outubro de 2023 ao 30 de outubro de 2024.
b) Ter a última alta no RETA antes desta nova alta, dentro dos tres últimos anos desde a data de publicación desta orde.
c) Ter cotizado anteriormente a esta nova alta polo menos durante tres meses ininterrompidos na súa vida laboral no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional.
d) Estar inscrita como persoa demandante de emprego nos servizos públicos de emprego con carácter previo á nova alta e carecer de ocupación efectiva, non ter contrato laboral en vigor e estar en tal situación na data inmediatamente anterior á do inicio da actividade laboral.
e) Ter transcorrido un período mínimo de seis meses entre a nova alta na Seguridade Social e a anterior baixa.
f) Ter o domicilio fiscal nalgún concello de Galicia e desenvolver a súa nova actividade económica ou profesional en Galicia.
g) Ter iniciada a actividade con anterioridade á presentación da solicitude de subvención.
2. As persoas traballadoras autónomas ou por conta propia poderán ser beneficiarias das axudas deste programa cando formen parte de comunidades de bens, sociedades civís ou outras entidades sen personalidade xurídica de nova creación, sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a entidade deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude e non con anterioridade ao período subvencionable.
3. Quedan excluídas das axudas reguladas nesta orde as persoas traballadoras autónomas que xa foran beneficiarias con anterioridade desta axuda (TR790A), así como as persoas traballadoras autónomas membros de entidades de economía social e as persoas autónomas administradoras que non acrediten participación na empresa ou negocio. Tamén quedan excluídas as persoas autónomas colaboradoras e os membros das sociedades mercantís e sociedades laborais.
Lugar e prazo de presentación
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes iníciase o día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia e remata o 31 de outubro de 2024.
Lugar de presentación
Sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento TR790A)