Bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia

Convocatoria: Pechada

Prazo entrega solicitudes: Fin 28/02/2023

información, ligazóns e consultas

Xunta de Galicia

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

Secretaría Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social

Subdirección Xeral de Emprego

San Lázaro, s/n15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544691
Email: subdireccion-xeral.emprego@xunta.gal

Bases da convocatoria

Extracto da convocatoria

Solicitude a través da Sede Electrónica

ORDE do 8 de setembro de 2023

Axudas concedidas ao abeiro da Orde do 5 de xaneiro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil

Convocatoria aberta ata o 28/02/2023

CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DO EMPREGO E IGUALDADE

Orde do 8 de setembro de 2023 pola que se modifica a Orde do 5 de xaneiro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través dun programa de cooperación con oganismos intermedios sen ánimo de lucro, para o asesoramento a empresas, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 194 do 11 de outubro de 2023).

ORDE do 5 de xaneiro de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas á contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, a través dun programa de cooperación con organismos intermedios sen ánimo de lucro, para o asesoramento a empresas, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento TR349Z)

Esta convocatoria ten por obxecto o financiamento de accións de fomento do emprego en colaboración con organismos intermedios sen ánimo de lucro (asociacións empresariais sectoriais ou multisectoriais, clústeres empresariais e consellos reguladores) para a contratación durante nove meses de persoas mozas, incluídas e que consten como beneficiarias no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, co obxecto de proporcionarlles unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.

Requisitos dos servizos

a) Que sexan prestados polos organismos intermedios beneficiarios en réxime de administración directa.
b) Que se presten ou executen no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Que a duración dos contratos das persoas desempregadas que desenvolvan a prestación dos servizos en tarefas relacionadas co fin do organismo intermedio sexa, como mínimo, de 9 meses e a xornada a tempo completo.
d) Que o organismo intermedio beneficiario dispoña de asignación orzamentaria suficiente para facerse cargo dos gastos non subvencionables ao abeiro desta orde.

Persoas beneficiarias

Organismos intermedios beneficiarios sen ánimo de lucro

1. Poderán ser beneficiarios das axudas e subvencións previstas nesta orde, os organismos intermedios sen ánimo de lucro que se atopen inscritos no correspondente rexistro e dispoñan de centro de traballo en Galicia, entendendo por organismos intermedios sen ánimo de lucro os seguintes:

– Asociacións empresariais sectoriais ou intersectoriais, incluídas as de carácter tecnolóxico.

– Consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica.

– Agrupacións industriais empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliadas en Galicia), que representen un colectivo de empresas galegas.

– Clústeres empresariais.

– Asociacións de persoas autónomas.2. No poderán ter a condición de beneficiarios das subvencións establecidas nesta orde os organismos intermedios en quen concorra algunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Lugar e prazo de presentación

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

Lugar: Sede electrónica da Xunta de Galicia, (código de procedemento TR349Z)