Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento IN201G).

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento IN201G).

Convocatoria: Aberta

Data de publicación: 27/06/2024

Prazo entrega solicitudes: Inicio 28/06/2024 Fin 29/07/2024

información, ligazóns e consultas

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Fundación Pública Artesanía de Galicia

Área Central, 1º – Local 25MN.

15707  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999171/ 881999175

Fax: 881999170

Email: centro.artesania@xunta.gal

http://artesaniadegalicia.xunta.gal

Desde o resto do Estado: 902120012

 

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Subdirección Xeral de Artesanía, Entidades e Promoción Comercial

Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía

Edificios Administrativos San Caetano, 3ª planta

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881999178/ 981545597

Fax: 981545541

Email: cei.dxcomercio@xunta.es

http://ceei.xunta.gal

Desde o resto do Estado: 902120012

Bases da convocatoria

Extracto da convocatoria

Solicitude a través da Sede Electrónica

CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN

ORDE do 14 de xuño de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e se convocan para o ano 2024 (código de procedemento IN201G).

1. Esta orde ten por obxecto aprobar as bases polas cales se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento da comercialización da artesanía galega (código de procedemento IN201G).

2. Así mesmo, por medio desta orde convócanse as ditas subvencións para o ano 2024.

3. Para a concesión destas subvencións destínase un crédito total de 265.000,00 €, que será imputado ás aplicacións orzamentarias seguintes dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2024:

Aplicación orzamentariaImporte (€)Beneficiarias/os
44.06.751A.770.3. Comercialización artesanía de Galicia. Obradoiros artesáns.180.000,00 €Artigo 3.1 do anexo I
44.06.751A.781.4. Comercialización artesanía de Galicia. Asociacións profesionais artesanais.35.000,00 €Artigo 3.2 do anexo I
44.06.751A.761.5. Comercialización artesanía de Galicia. Corporacións locais.50.000,00 €Artigo 3.3 do anexo I

4. Estas cantidades poderanse incrementar en función das solicitudes presentadas e de acordo coa dispoñibilidade de crédito, cando o aumento veña derivado:

a) Dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) Da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

O incremento do crédito quedará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Nestes casos, publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.

5. De existir remanente nunha aplicación orzamentaria, poderase reasignar a contía sobrante nas outras aplicacións. A reasignación levarase a cabo, logo da modificación orzamentaria pertinente, sen necesidade de facer unha nova publicación do importe dos créditos.

Persoas beneficiarias

Persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídos e que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:

1. Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o último día de prazo establecido para a presentación da solicitude de subvención.

2. Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns de Galicia legalmente constituídas das cales cando menos o 80 % dos seus membros, cun mínimo de 10, figuren inscritos na sección primeira (obradoiros artesáns) do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.

3. Corporacións locais da Comunidade Autónoma de Galicia. Os concellos deberán cumprir co deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas, nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 139/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.

PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓNS

O prazo para presentar as solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado, anexo II (solicitude), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015), se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).