Programa de subvencións dirixido a entidades e asociacións empresariais da provincia da Coruña para a realización de actividades de promoción económica durante o ano 2025 (FOENAA/2025

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Programa de subvencións dirixido a entidades e asociacións empresariais da provincia da Coruña para a realización de actividades de promoción económica durante o ano 2025 (FOENAA/2025

Convocatoria: Aberta

Data de publicación: 10/12/2024

Prazo entrega solicitudes: Inicio 16/12/2024 Fin 16/01/2025

información, ligazóns e consultas

Extracto da convocatoria

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Convocatoria de subvencións e axudas públicas Extracto da Resolución número 49748, de 2 de deciembre de 2024 da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se convocan axudas destinadas a Programa de subvencións dirixido a entidades e asociacións empresariais da provincia da Coruña para a realización de actividades de promoción económica durante o ano 2025 (FOENAA/2025)

BDNS (Identif.): 801147

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a de a Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/ge/es/convocatoria/801147)

O obxecto desta convocatoria é subvencionar accións tendentes a impulsar o desenvolvemento económico, o fomento do emprego, o apoio ao comercio e a hostalería, apoiando liñas de comercialización e promoción dos nosos produtos de calidade que permitan a penetración no comprado, mediante axudas á loxística e a distribución, por parte das entidades que forman parte dos seguintes ámbitos: Colexios profesionais, entidades asociativas e federativas representativas dalgún sector profesional, comercial ou empresarial e cámaras de comercio (actividades a subvencionar descritas na Base 2.1 das específicas)

– Bases reguladoras. A presente convocatoria rexerase polas Bases reguladoras publicadas no BOP número 235 do 5 de decembro de 2024 dispoñibles en :
https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2024/12/05/2024_0000008743.pdf

– Contía. O importe da consignación prevista ascende a un total de 900.000,00€, con cargo á partida 0510/414.2/481 do orzamento común para 2025.
As axudas para conceder oscilarán: Entre un mínimo de 1.500,00€ e un máximo de 28.000,00 €

Entidades beneficiarias

Entidades e asociacións empresariais da provincia da Coruña sen ánimo de lucro.

Prazo E LUGAR de presentación

O prazo de solicitude iniciarase ás 08:00 horas do día 16 de decembro de 2024, e finalizará ás 14:00 horas do día 16 de xaneiro de 2025, tendo en conta que, tanto as solicitudes como o resto da tramitación do programa, realizarase por vía telemática a través da plataforma #SUBTEL, accesible desde a sede electrónica da Deputación provincial da Coruña. https://sede.dacoruna.gal/