Author: Redacción
-

A Xunta de Goberno aproba os convenios de colaboración con tres asociacións comerciais para o financiamento de bonos-aparcadoiro por 99.000 €
A Xunta de Goberno Local, na primeira reunión ordinaria de setembro, aprobou tres convenios de colaboración coas asociacións comerciais Compostela Monumental, Santiago Centro e Punto Compostela, por un importe total de 99.000 euros, co obxecto de subvencionar a entrega de bonos de aparcadoiro á clientela e dinamizar así o sector. Nesta mesma sesión aprobáronse as…
-

A Xunta de Goberno aproba as bases dos bonos “Corazón Compostela Praza de Abastos”
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou as bases da concesión de axudas, do programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio e hostalería da Praza de Abastos a través dos bonos “Corazón Compostela Praza de Abastos”. Tamén se deu o visto bo á aprobacion do gasto por importe de 30.000…
-

Recepción a Compostela Monumental no seu 30 aniversario
O Pazo de Raxoi abriu hoxe as súas portas á Asociación de Comerciantes Compostela Monumental, que celebra nestas datas o 30 aniversario da súa creación. Foron recibidos polo alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e por representantes de todos os grupos políticos da Corporación. O Salón Nobre acolleu esta mañá a recepción aos membros fundadores,…
-

Abanca será a entidade colaboradora para a entrega e distribución das axudas dos Bonos Corazón Praza de Abastos
A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou a designación de Abanca Corporación Bancaria coma entidade colaboradora seleccionada para a entrega e distribución das axudas do programa de dinamización e incentivación do consumo denominado “Bonos Corazón Praza de Abastos”. Estes bonos, consensuados coa nova xunta directiva do Mercado de Abastos, emitiranse por un…
-

Os departamentos de Comercio e Lingua lanzan a iniciativa “Videoconsellos: o comercio local sabe de que fala”
O alcalde Xosé Sánchez Bugallo e o concelleiro de Políticas Lingüísticas Rubén Prol presentarán esta tarde unha nova iniciativa que pretende achegar ao público a sabedoría e o bo facer do tecido comercial da nosa cidade a través de 20 videoconsellos protagonizados por comerciantes de Santiago. O Espazo Apego acollerá esta tarde ás 20:30h a…
-
Bases reguladoras das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións
No DOGA do 27 de xuño de 2022 publícase a ORDE do 7 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións para a revitalización do comercio…
-
XV Edición dos Premios Nacionais de Artesanía
No BOE nº: 148 do 22/06/2022 publícase o extracto da Resolución de 20 de xuño de 2022 da Fundación EOI F.S.P., pola que se convoca a Decimoquinta Edición dos Premios Nacionais de Artesanía. A dotación económica das distintas modalidades será a seguinte: – Premio Nacional de Artesanía: 7.000 euros – Premio Produto: 3.000 euros –…
-

Santiago amosa o seu compromiso coa realidade LGTBI cunha nova edición de Compostela Diversa
Máis de 200 establecementos comerciais, hoteleiros e hostaleiros da cidade participan na campaña de difusión e visualización da realidade LGTBI. O Alcalde Santiago, Xosé Sanchez Bugallo, e os concelleiros de Igualdade, Mercedes Rosón, e Turismo, Sindo Guinarte, presentaron esta mañá na Alameda unha nova edición de Compostela Diversa, programa que une xornadas de reflexión, actividades…
-

O alcalde percorre varias rúas da cidade, deténdose en distintos comercios, na primeira xornada de Prima 22
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado de representantes das asociacións comerciais, e de distintos membros da Corporación Municipal, realizou un percorrido pola cidade histórica e polo Ensanche, con motivo da festa do comercio local Prima 22, que comezou hoxe e se prolongará ata o vindeiro sábado, 11 de xuño, nos distintos barrios de…
-

Mañá arranca “Prima 22. A festa do comercio local” para dinamizar a actividade comercial nos diferentes barrios da cidade
A terceira edición de “Prima 22. A festa do comercio local” desenvolverase desde mañá xoves 9 ata o vindeiro sábado 11 de xuño nos distintos barrios de Santiago. Impulsado polo Concello de Santiago, este evento pretende animar á cidadanía a consumir no comercio local e virá acompañado dunha serie de actuacións e actividades programadas ao…