Bases xerais dos programas de subvencións da Deputación Provincial da Coruña

Descargar o documento "Bases xerais dos programas de subvencións da Deputación Provincial da Coruña"
Ano de publicación:2024

Por resolución da Presidencia da Deputación do 1 de outubro de 2024 aprobáronse as Bases xerais dos programas de
subvencións da Deputación Provincial da Coruña, que se transcriben deseguido:

BASES XERAIS DOS PROGRAMAS DE SUBVENCIÓNS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Exposición de motivos
A Deputación da Coruña, no marco das súas competencias, destina importantes recursos á actividade de fomento,
principalmente mediante a concesión de axudas económicas orientadas á promoción de actividades e investimentos, e
mantemento de centros e servizos considerados de interese público, coa finalidade de contribuír a que as entidades da
provincia acaden os obxectivos que lles son propios e de fomentar a participación da cidadanía nos distintos ámbitos de
actuación e promover a igualdade de xénero.