O noso comercio

O Departamento de Comercio  impulsa actuacións para mellorar a oferta comercial de Santiago e promociona o comercio como elemento vertebrador da cidade a través de políticas activas de apoio e impulso

Nota histórica

Santiago é un gran centro comercial aberto cunha tradición mercantil que se remonta á Idade Media. Ao abeiro das peregrinacións, xurdiu a actividade dos importantes gremios, elemento decisivo na evolución histórica da cidade e que deixou pegada no seu rueiro: A Calderería, A Acibechería, Praterías…

Configuración actual

Co paso dos séculos, o comercio evolucionou, pero Santiago segue a ofrecer tradición e modernidade. A diferenza doutras urbes, Compostela non concentra o comercio no centro e dispón de varias zonas comercias con personalidade propios:

Guías do comercio por barrios