Ordenanza xeral de subvencións e transferencias da Deputación Provincial da Coruña

Descargar o documento "Ordenanza xeral de subvencións e transferencias da Deputación Provincial da Coruña"
Ano de publicación:2024

Na sesión plenaria ordinaria celebrada o día 01 de marzo de 2024, a Corporación provincial acordoú aprobar a modificación puntual da Ordenanza xeral de subvencións e transferencias da Deputación Provincial da Coruña, publicándose a
devandita modificación puntual no Boletín Oficial da Provincia da Coruña número 53 en data 14 de marzo de 2024.

No apartado 3º de dita publicación, disponse publicar o contido íntegro da ordenanza no Boletín Oficial da Provincia
da Coruña, logo da aprobación definitiva da modificación do texto, como requisito para a entrada en vigor da ordenanza
modificada, unha vez cumpridos os trámites esixidos polo artigo 65 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de
réxime local.

A continuación publícase para xeral coñecemento o Texto Consolidado ao 1 de xullo de 2024 da “Ordenanza xeral de
subvencións e transferencias da Deputación provincial da Coruña”.