Ordenanza xeral de subvencións e transferencias da Deputación Provincial da Coruña

Descargar o documento "Ordenanza xeral de subvencións e transferencias da Deputación Provincial da Coruña"
Ano de publicación:2025

Na sesión plenaria extraordinaria celebrada o día 08 de agosto de 2025, a Corporación provincial acordou aprobar provisionalmente o texto da Ordenanza xeral de subvencións e transferencias da Deputación Provincial da Coruña.

1. A presente ordenanza ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais das subvencións da Deputación da Coruña e regular o procedemento de control financeiro, reintegro e sancionador.

2. A presente ordenanza será de aplicación a todas as subvencións que conceda a Deputación Provincial da Coruña, sexan achegas en diñeiro ou en especie e con independencia do procedemento específico que se siga para o seu outorgamento. Igualmente, a regulación contida nos capítulos IV, V e VII resultará de aplicación as transferencias, cotas de socio e demais achegas sen contraprestación que se poidan acordar. Non obstante, as bases reguladoras específicas poderán establecer particularidades respecto da aplicación desta ordenanza, sempre que se xustifiquen debidamente e se axusten á normativa vixente.