Segundo as bases de concesión de axudas do programa Bonos Corazón Compostela 2023, o período de validez dos bonos remata o 22 de decembro de 2023. Chegada esta data, os bonos descargados e non trocados, na súa totalidade, caducan. A caducidade do bono leva consigo a perda da totalidade do saldo remanente non consumido, sen poder instar a súa devolución. Aquelas persoas que aínda teñan saldo remanente nos seus bonos, deberán consumilos hoxe ata ás 22:59:59, como data e hora límite.
Dende o Departamento de Comercio desexámoslle que disfrutase desta iniciativa e dámoslle as grazas pola súa participación.
