Obtención e renovación do selo de Mercado Excelente na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento IN223B)

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 12 de decembro de 2025 pola que se regula o procedemento para a obtención e renovación do selo de Mercado Excelente na Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento IN223B).

Entidades SOLICITANTES

Poderán solicitar o selo de Mercado Excelente:

a) Os concellos de Galicia.

b) As entidades concesionarias da xestión das prazas de abastos e mercados.

c) As asociacións ou cooperativas de persoas vendedoras das prazas de abastos e mercados legalmente constituídas.

Prazo E LUGAR de presentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano.

O lugar de presentación a sede electrónica da Xunta de Galicia.