VIDEOCONSELLOS
O Comercio Local sabe de que fala
O proxecto videoconsellos está impulsado polos departamentos de Comercio e de Lingua do Concello de Santiago.
Pretende potenciar o comercio local poñendo o foco nos seus elementos diferenciais, na calidade, e xa non só do que vende senón de como o vende e do que pode axudar. Estes vídeos queren chamar a atención sobre os nosos comerciantes e sobre a sabedoría e o bo trato que os caracterizan.
Queremos invitarvos a que compartades e a que demostredes que paga moito a pena escoller o local.
Preséntanos a túa proposta de videoconsello que podería ser selecionada para realizalo nas videiras convocatorias, ou tamén podes compartir con nós o teu propio vídeo (producido cos teus medios) para que sexa difundido mediante a plataforma dos videoconsellos.