O Concello de Santiago vén de prorrogar, con data 9 de abril, a autorización ás persoas titulares de licenzas de venda ambulante do mercado de Salgueiriños para a continuación da instalación dos postos no mercado dos sábados, na rúa París.
O pasado 5 de xaneiro, o goberno municipal emitiu unha resolución na que se autorizaba ás persoas titulares de licenzas de venda ambulante no mercado de Salgueiriños, a súa instalación na rúa de París, os sábados de cada mes, entre as 9:30 h. e as 14:30 h.
Os postos, segundo a citada regulación, terán un tamaño de 4,5×4,5 metros, e permitirán a instalación do posto de venda e o vehículo. Os comerciantes disporán de media hora antes e despois do horario de venda para a montaxe e desmontaxe dos postos.