O xurado do concurso de escaparatismo do Samaín, organizado polo Departamento de Comercio, vén de elixir os establecementos gañadores. Nesta primeira edición, o premio foi para Como Pez en el Agua (rúa de San Pedro, 79) e Perruquería Adri´s (rúa da Rosa, 38).
Os motivos dos escaparates vinculáronse á recuperación do Samaín orixinal en Compostela. Unha festa caracterizada por ser familiar, integradora, de xente vestida de civil, onde se tallan os calacús, ásanse castañas… Os elementos decorativos que se usaron polos comercios participantes estaban relacionados con castañas, follas secas, chuvieiras, magostos, luciñas, caveiras, camposantos ou animas.
O xurado estivo composto polo concelleiro e concelleira de Educación e Comercio, respectivamente, Manuel Dios e Marta Lois, unha persoa representante dos departamentos de Comercio e Educación, representantes das asociacións de comerciantes da cidade e unha persoa profesional do sector do interiorismo e a decoración.
O xurado valorou especialmente a adecuación da ambientación ao sentido orixinario do Samaín, a orixinalidade e a innovación nos contidos e formatos, o aproveitamento de recursos propios e a exposición do produto, unidade e composición.