A Xunta de Goberno Local aproba as axudas dos Bonos Corazón Compostela 2022, aos que se destinan 1,2 millóns de euros

bonos-corazon

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou a convocatoria de concesión das axudas do programa de dinamización e incentivación do consumo no comercio e hostalería local “Bonos Corazón Compostela 2022”; aos que se destinan 1.250.000 euros.A finalidade do programa de “Bonos Corazón Compostela” é doble. Por unha banda incentivar a demanda axudando economicamente ás persoas consumidoras, así como fomentar o consumo no comercio e hostalería de Santiago. E por outra, impulsar e fortalecer o sector comercial retallista e hostaleiro do municipio; dinamizar a actividade económica promovendo as compras de bens e servizos; e reducir o impacto económico da crise que afecta ao sector.

Solicitantes

A entrega e distribución dos fondos das axudas farase a través de Abanca, a entidade colaboradora seleccionada. Establécense tres modalidades de bonos, de 75, 50 e 30 euros, todos con IVE incluido. Todos están cofinanciados nun 40% polo Concello de Santiago e nun 60% pola persoa solicitante.

Cada persoa poderá solicitar e obter ata tres bonos, podendo escoller libremente entre calquera das tres modalidades de bonos dispoñibles, ou máis dun bono da mesma modalidade. Para a solicitude e obtención dos bonos, cada persoa usuaria deberá darse de alta na web https://www.bonoscorazoncompostela.gal, indicando a información requerida: nome e apellidos, localidade, DNI, contacto, etc.)

O bono terá a consideración de “bono desconto” para as compras e consumos realizados nos establecementos adheridos. O importe irase reducindo ata o seu esgotamento, podendo imputarse a un ou varios actos de compra ou consumo.

O período de validez dos bonos será desde o día da publicación das bases no BOP, ata o 10 de decembro de 2022, ambos inclusive, salvo esgotamento previo do seu saldo. Rematado o período de validez, o bono non trocado caducará. A caducidade do bono leva consigo a perda da totalidade do saldo remanente non consumido, sen poder instar a súa devolución.

Establecementos

Os establecementos que desexen adherirse ao programa “Bonos Corazón Compostela deberán rexistrarse a través da web
https://www.bonoscorazoncompostela.gal, aportando os datos solicitados (nome, CIF, enderezo, contacto, etc.). A persoa autónoma ou PEME poderá adherir a máis de un establecemento comercial ou hostaleiro dos que sexa titular, sempre que se atopen en locais de negocio distintos. O prazo para adherirse ao programa abrirase o día da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e manterase aberto ata o 30 de novembro de 2022.

Bonos Corazón

No ano 2021 lanzouse por primeira vez no Concello de Santiago o programa de Bonos Corazón Compostela, dirixido a comercio e hostalería de todo o municipio, cunha dotación de 600.000 euros e cuxos datos amosaron un resultado excepcional: 15.304 usuarios, 21.489 bonos descargados e 1.484.513,57 euros en compras, a través do programa, realizadas nos establecementos adheridos.

No primeiro semestre do ano 2022 lanzáronse campañas puntuais de novos Bonos Corazón. No primeiro trimestre convocáronse os Bonos Corazón Concheiros; e no segundo trimestre convocáronse os Bonos Corazón Praza de Abastos. Ámbalas dúas campañas tiveron moi boa acollida, esgotándos os bonos dispoñiblen en dez días os primeiros e tres semanas os segundos e executándose a práctica totalidade do orzamentos previsto.

Respecto a anualidade 2021, este ano plantéxase unha convocatoria máis ampla dos “Bonos Corazón Compostela” respecto á tipoloxía de establecementos comerciais que se poden adherir, ao contemplar tamén o sector da alimentación; contando, ademais, cun orzamento de 1.250.000 euros, que duplica ao do ano pasado.

Outros acordos

Por outra banda, a Xunta de Goberno aprobou a concesión das axudas destinadas a entidades comerciais por un importe total de 87.824,92 euros, das que se beneficiarán Fundación Santiago Centro Área Comercial, Asociación Em-Rede. Rede de iniciativas empresariais de Santiago e comarca, Asociación de Empresarios e Profesionais Centro Comercial Aberto Compostela Monumental, Asociación Punto Compostela Centro Comercial Aberto e Asociación de artesáns e comerciantes Ourives de Compostela.