Ficha da subvención
Denominación
PARTICIPACIÓN DE PRODUTORAS E ARTESÁNS DA PROVINCIA NOS ESPAZOS EXPOSITIVOS, DEMOSTRATIVOS E DE VENDA DA SÚA PRODUCIÓN CONFIGURADOS COMO MERCADO DA DEPUTACIÓN NA ANUALIDADE 2024
Convocatoria: Aberta
información, ligazóns e consultas
O obxecto deste programa e o de facilitar o acceso a un espazo expositivo, demostrativo e de venda ás produtoras e artesáns da provincia que así o soliciten, onde amosar as súas artes e traballos, promovendo con ilo que os sectores tradicionais da nosa economía poidan estar presentes, aproveitar á oportunidade de difusión e promoción e servir de exemplos transferibles a outros territorios.
O programa responde á necesidade e á demanda de crear espazos específicos para a promoción de todas aquelas actividades de transformación de materia prima local que rescaten e valoricen o saber artesanal e de oficios e que procuren manter as identidades locais no marco de outras accións globais, polo que a procura de outros canais de distribución dos produtos resultado das empresas ou obradoiros artesáns da provincia podería ser o obxectivo marcado.
Unidade xestora | Servizo de Promoción Económica, Turismo e Emprego |
Anualidade | 2024 |
Denominación | DP 0053 Programa de participación de produtoras artesáns no Mercado da Deputación da Coruña |
Beneficiarias | Pequenas, medianas empresas, microempresas, asociacións e persoas autónomas que desenvolvan actividade produtora e/ou artesán con ánimo de lucro, con domicilio fiscal e como mínimo cun centro de traballo nun concello da provincia da Coruña. |
Procedemento | Convocatoria de concorrencia simplificada |
O prazo de presentación de solicitudes sexa de un mes desde a data da publicación desta resolución para todas aquelas produtoras e artesáns da provincia da Coruña que queiran expor, presentar, demostrar e informar sobre os seus produtos, ao público asistente aos diferentes eventos onde se solicite a presenza do Mercado da Deputación durante a anualidade 2024.