A Xunta de Goberno deu luz verde a unha nova convocatoria para o Mercado de Nadal, que se instalará en Carreira do Conde e Área Central. O prazo para solicitar a participación estará aberto ata o próximo día 28 de outubro.
Ao igual que o ano pasado, o Mercado de Nadal vaise celebrar en dúas localizacións: en
Carreira do Conde desde o 29 de novembro ata o 5 de xaneiro, e en Área Central desde o
20 de decembro ata o 5 de xaneiro. Os días 24 e 31 de decembro funcionará só en horario
de mañá, e os días 25 de decembro e 1 de xaneiro estará pechado.
En Carreira do Conde, o mercado organizarase en 5 quendas: do 29 de novembro ao 5 de
decembro; do 6 ao 12 de decembro; do 13 ao 19 de decembro; do 20 ao 27 de decembro; e
do 28 de decembro ao 5 de xaneiro. En cada unha delas, haberá un total de 15 casetas,
aos que se engadirán un máximo de 5 postos exteriores de alimentación en función das
dimensións e posibilidades de montaxe.
En canto a Área Central, serán dúas quendas; do 20 ao 27 de decembro; e do 28 de
decembro ao 5 de xaneiro. Neste caso, proporcionaránse os elementos de exposición para
un máximo de 15 postos.
No Mercado de Nadal poderán participar persoas comerciantes, artesás e produtoras. No
proceso de selección daráselle prioridade aos produtos de carácter artesanal, e valoraráse
a calidade, orixinalidade e a produción a pequena escala, de non seren produtos artesanais.
O prazo de inscrición rematará ás 14:00 do 28 de outubro.