II Mercado das flores. Barrio Xardín

Captura

23/05/2023 Este sábado 27 de maio no “Barrio Xardín”, a zona situada na contorna do Parlamento entre as rúas do Hórreo, avenida de Lugo, Bernardo Barreiro, Curros Enríquez e Neira de Mosquera comeza o II Mercado das flores. O tecido comercial e a veciñanza deste ámbito colaboraron no desenvolvemento dun proxecto que ten como obxectivo dinamizar o comercio da zona, recuperar os espazos públicos e mellorar a convivencia no ámbito. O proxecto do “Barrio Xardín” abrirase este sábado cunha festa que xirará ao redor dun mercado de flores e horticultura no parque da Constitución.

Entre as actividades previstas, ademais da exposición e venda de plantas, haberá un obradoiro de coidado do arborado urbano: a poda e outro obradoiro de coidados dos bonsais, un mural grafitti e contacontos . No programa figura tamén a firma do libro “Plantitis crónica” de Clara Redondo, sesión vermut e un xantar compartido.

A festa desenvolverase durante toda a xornada, desde as 11:00 ás 20:00 horas.

Entradas relacionadas