Máis de 1.000 persoas pillan bolboretas virtuais este Nadal en Compostela

logo_bolboretas_big

As Bolboretas do Nadal revoan polas rúas de Compostela ata o vindeiro 6 de xaneiro. Trátase dunha campaña da Concellaría de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo consistente en pillar bolboretas virtuais co móbil mediante a aplicación gratuíta iButterfly One. Con ela, os composteláns poden gozar da maxia da realidade aumentada ao tempo que percorren as rúas da cidade.

Máis de 1.000 persoas descargaron a aplicación na súa versión para a campaña realizada en Compostela, o que indica o éxito da iniciativa entre a poboación da cidade. Sorprende o perfil das persoas participantes, xa que abrangue un tramo de idade moi amplo, dende nenos a persoas maiores, que baixaron a aplicación o seu móbil co obxectivo de pillar as bolboretas premiadas.

Agasallos e actividades finais

Hai miles de bolboretas por toda a cidade que agochan máis de 100 agasallos, adquiridos polo Concello de Santiago no comercio local por un valor de 2.500 euros.

Tamén se celebraron 6 soltas especiais de bolboretas en diferentes puntos da cidade, con premios especiais, pero aínda queda unha máis este luns, 4 de xaneiro, no Paxonal. O evento comezará ás 17.00h e contará con zancudos, percusión, actuacións e obradoiros para os máis pequenos.

Toda a información sobre esta campaña e a listaxe de agasallos atópase na web: www.asbolboretasdonadal.com.

Entradas relacionadas