OS COMERCIOS DE SANTIAGO CENTRO SAEN Á RÚA

Departamento de comercio2

06/09/2024

👉Mañá sábado os comercios do #ensanchescq saen á rúa cos seus produtos a prezos especiais para dar a benvida a setembro ‼️

🌱Co lema ‘Enraízate no comercio local’, os negocios participantes regalarán aos clientes unha pequena maceta con sementes de sempreviva.

A iniciativa de Santiago Centro, Área Comercial, conta coa colaboración de Comercio Santiago.

05/09/2024

Este sábado os establementos do #ensanchescq saen á rúa cos seus produtos a prezos especiais para dar a benvida a setembro.

En consonancia co lema ‘Enraízate no comercio local’, os negocios participantes regalarán aos clientes unha pequena maceta con sementes de sempreviva, símbolo das raíces que o sector retallista mantén coa cidade.

Cartaz da campaña

Entradas relacionadas