Reunión de Marta Lois coas asociacións comerciais Santiago Centro e Esperta Conxo

Marta Lois e a técnica de Comercio Lucía Castro con Xulio Turnes, presidente de Esperta Conxo

A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, continúa coa súa rolda de contactos coas asociacións de comerciantes da cidade. Desta vez puido conversar co presidente de Esperta Conxo, Xulio Turnes, e coa Fundación Santiago Centro, representada polo seu presidente, José María Fernández; a xerente, Sonia Quintáns; e o secretario, Delmiro Prieto.

Reunión con Santiago Centro

As asociacións aproveitaron para dar a benvida á nova concelleira e trasladarlle as súa primeiras inquedanzas e suxestións para esta lexislatura. As cuestións relacionadas coa mobilidade foron algunhas sobre as que amosaron especial preocupación as dúas entidades.

Entradas relacionadas