Ficha da subvención
Denominación
Subvencións para fomentar a remuda comercial
Convocatoria: Pechada
Data de publicación: 30/12/2015
Prazo entrega solicitudes: Fin 31/08/2016
Organismo: Xunta de Galicia
información, ligazóns e consultas
Persoas beneficiarias
Os/as comerciantes retallistas que teñan capacidade legal para exercer o comercio, se dediquen a el de xeito habitual e cumpran os seguintes requisitos:
- Que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e, así mesmo, o seu domicilio social e fiscal radique nesta comunidade autónoma.
- Ter unha idade mínima de 64 anos cumpridos na data en que se presenta a solicitude.
- Exercer, como titular do comercio, unha ou varias das actividades comerciais relacionadas no anexo II, de forma ininterrompida durante os últimos dez anos.
- Estar dado de alta no réxime de traballadores autónomos da Seguridade Social nos dez últimos anos de forma ininterrompida e ter cotizado á Seguridade Social un período previo tal que lle permita completar o período de carencia esixido para ter dereito á pensión de xubilación, polo menos, ao chegar á idade ordinaria de xubilación.
- Designar a persoa física continuadora da actividade, con capacidade legal para exercer o comercio.
- Estar inscrito no Rexistro Galego de Comercio ou ter solicitada a inscrición con anterioridade á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.
Prazos
O prazo de presentación de solicitudes remata o 31 de agosto de 2016.
O prazo para a presentación da documentación xustificativa requirida para o pagamento da subvención remata o 30 de novembro de 2016.