24/06/2024
Aquí vos deixamos un resumo de Prima 24, a festa do comercio local que se celebrou a pasada semana. Grazas por participar un ano máis e por poñer en valor o noso comercio
15/06/2024
Así foi a segunda xornada de Prima 24, a festa do comercio local. Houbo troula, circo, concertos e un ambiente primaveral fantástico Moitas grazas por participar
Lembrade, o comercio local sabe do que fala: EU MERCO AQUI
15/06/2024
Hoxe sábado continúa a festa do comercio local. Velaquí a programación:
– 10:00 – 14:00 horas e 16:00 – 20:00 horas – Praza Cervantes: Exhibición de Ourivería por Ourives de Compostela
– 11:30 horas – Praza do Toural: Ruleta de Agasallos
– 12:00 horas – Praza Roxa: Trío Detrés
– 12:00 horas – Pasarrúas circense Zona Vella: Tótem
– 13:00 horas – Praza de Feixóo (concerto): Ukestra do Medio
– 18:30 horas – Pasarrúas musical Ensanche: Dixie Kings
– 20:00 horas – Praza de Feixóo (concerto): Anxo Araújo
14/06/2024
Rematou a primera xornada pero mañá sábado continúa a programación de Prima 24:
– 10:00 – 14:00 horas e 16:00 – 20:00 horas – Praza Cervantes: Exhibición de Ourivería por @ourivesdecompostela
– 11:30 horas – Praza do Toural: Ruleta de Agasallos
– 12:00 horas – Praza Roxa: Trío Detrés
– 12:00 horas – Pasarrúas circense Zona Vella: Tótem
– 13:00 horas – Praza de Feixóo (concerto): @ukestradomedio
– 18:30 horas – Pasarrúas musical Ensanche: Dixie Kings
– 20:00 horas – Praza de Feixóo (concerto): Anxo Araújo
Non volo perdades! Que siga a festa do comercio local!
14/06/2024
O primeiro día de Prima 24 trouxo cor, música, risas, maxia, humor e, sobre todo, ledicia nas rúas compostelanas
Mañá agardámosvos na segunda xornada desta festa anual do comercio local EU MERCO AQUÍ
14/06/2024
A alcaldesa, Goretti Sanmartín, a concelleira responsable de Comercio, María Rozas, representantes das asociacións de comerciantes e outros membros da Corporación fixeron un percorrido pola cidade, no arranque de Prima24, a festa do comercio local.
O percorrido comezou na zona histórica e rematou na Praza Roxa, onde se celebrou a Prima Pequena, unha festa infantil que estivo do máis animada.
Ducias de persoas conseguiron os seus agasallos na ruleta #EuMercoAquí, na que podes participar cun tiquet de compra de 5€
Máis fotos: https://www.facebook.com/photo/?fbid=902223018616999&set=pcb.902223558616945&locale=es_ES
CHEGOU Prima 24!
14/06/2024
Chegou o día! Xa está aquí Prima 24, a festa do noso comercio local. EU MERCO AQUÍ
Velaquí a programación para hoxe venres 14 de xuño:
– 17:00 horas – Praza Roxa: ruleta de agasallos
– 17:00 horas – Praza Roxa: Prima Pequena
– 18:00 horas – Pasarrúas pola Zona Vella: Tanto nos Ten
– 18:00 horas – Pasarrúas por Conxo e Pontepedriña: Pulpiño Viascón
– 18:00 horas – Pasarrúas por Concheiros e San Pedro: Troula Animación
13/06/2024
Mañá comeza Prima 24! Ao longo de venres e sábado as rúas da cidade encheránse de actuacións, maxia, concertos e moita cor
Esta é a programación de mañá:
– 17:00 horas – Praza Roxa: ruleta de agasallos
– 17:00 horas – Praza Roxa: Prima Pequena
– 18:00 horas – Pasarrúas pola Zona Vella: Tanto nos Ten
– 18:00 horas – Pasarrúas por Conxo e Pontepedriña: Pulpiño Viascón
– 18:00 horas – Pasarrúas por Concheiros e San Pedro: Troula Animación
Consulta aquí o programa e non te perdas ningunha das actividades previstas.
12/06/2024
Os máis cativos da casa tamén teñen o seu espazo en Prima24
PRIMA PEQUENA Un festival para toda a familia con maxia e música
Venres 14 de xuño na Praza Roxa de 17:00 a 19:30 horas
11/06/2024
Novamente, no Prima 24 teremos a RULETA DE AGASALLOS Unha oportunidade para levar grandes premios!
Achégate cun tícket do comercio local dunha compra realizada os días 10 ao 15 de xuño (compra mínima 5€) e fai xirar a ruleta de agasallos
Venres 14 de xuno na PRAZA ROXA: 17:00 – 19:30 horas
Sábado 15 de xuno na PRAZA DO TOURAL: 11:30 – 14:00 horas
09/06/2024
En Prima 24 contaremos con exhibición de ourivería.
O sábado día 15, os mestres artesáns de Ourives de Compostela farán un obradoiro de exhibición de talla de acibeche
Non o perdas de vista!
– Praza de Cervantes
– 10:00 – 14:00 horas e de 16:00 – 18:00 horas
Estamos na conta atrás para que comece a festa do comercio local! Eu merco aquí, e ti?
08/06/2024
A edición de #Prima23 trouxo momentos fantásticos e esta non vai ser menos! CHEGA PRIMA 24!
Os días 14 e 15 de xuño os comerciantes poden sacar á rúa os seus produtos e mentres estas se enchen de artistas: pasarrúas, exhibición de ourivería, maxia, concertos… E moito máis!
RULETA DE AGASALLOS: Mercar en Santiago ten premio!
Venres 14 de xuño na Praza Roxa a partir das 17:00 horas e sábado 15 de xuño na Praza do Toural ás 11:30 horas
PRIMA PEQUENA: Festa infantil para os cativos da casa
Venres 14 de xuño na Praza Roxa de 17:00 a 19:30
07/06/2024
Volve Prima 24! A nosa festa do comercio local.
Os vindeiros venres e sábado temos unha cita ineludible entre música, maxia, espectáculos circenses e moitos artistas, onde os comerciantes poderán saír ás beirarrúas cos seus produtos
Participa na nosa ruleta de agasallos
Merca no comercio local! EU MERCO AQUÍ