Desde 1992, y como entidad sin ánimo de lucro, nuestro principal objetivo es el de representar, defender y fomentar los intereses del sector comercial y empresarial local, contribuir a renovar y mejorar el tejido comercial de nuestra zona y de Santiago, dotar a nuestros asociados de herramientas para competir con otras zonas y formatos comerciales, y por supuesto, hacer ciudad.
Constituíuse formalmente como fundación en 2004. Conta co recoñecemento da Xunta de Galicia como fundación de interese galego. O seu obxectivo principal é a revitalización do seu ámbito de actuación, o Ensanche, nos aspectos social, cultural, veciñal e económico. Trátase dunha entidade que realiza periodicamente actividades de promoción comercial, fidelización das/os consumidores/as, e captación de novos clientes, así como formación e asesoramento ao sector comercial.
Nace no ano 2007. É unha asociación de carácter multisectorial composta por PEMEs, comercios e autónomos. Persegue, como obxectivos fundamentais a dinamización do comercio e a creación de posibilidades de negocio a través de actividades, convenios entre institucións e socios, encontros de networking, publicidade, formación, e asesoramento xurídico.
Asociación que agrupa ao gremio de prateiros e acibecheiros de Santiago de Compostela, así como ao comercio especializado máis senlleiro da cidade, para desenvolver programas de valor dos nosos oficios e dea súa transmisión ás novas xeracións.