Axudas para o desenvolvemento de actividades de promoción e dinamización comercial 2017

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Axudas para o desenvolvemento de actividades de promoción e dinamización comercial 2017

Convocatoria: Pechada

Prazo entrega solicitudes: Fin 11/11/2017

información, ligazóns e consultas

Bases e anexos axudas dirixidas a asociacións de comerciantes para actividades de promoción e dinamización comercial 2017

Persoas beneficiarias

Poderán resultar beneficiarias das axudas previstas nesta convocatoria as asociacións de comerciantes ou entidades representativas de pequenas e medianas empresas comerciais legalmente constituídas, de carácter local, sen fin de lucro, e que reúnan ademais os seguintes requisitos:
– Que o seu ámbito de actuación sexa eminentemente local referido ao municipio de Santiago de Compostela.
– Ter a súa sede social no Concello de Santiago de Compostela.
– Non estar integradas por empresas comerciais que operen en mercados municipais suxeitos a concesión administrativa.

Prazos

O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo 11 de setembro de 2017. As persoas beneficiarias terán como prazo límite para a presentación dos xustificantes de pagamento e demais documentación acreditativa da realización das actuacións subvencionadas o 30 de novembro de 2017.