Aprobadas as bases da convocatoria para participar no Mercado de Nadal 2026 – 2027

Mercado de Nadal portada web

O Concello de Santiago aproba unha nova convocatoria do tradicional Mercado de Nadal, que se volverá celebrar en Carreira do Conde – do 27 de novembro ao 5 de xaneiro – e en Área Central – do 21 de decembro ao 5 de xaneiro –.

O horario de apertura será diario, de 12 a 14h e de 16:30 a 21:30h. Como excepcións, o 25 de decembro e o 1 de xaneiro permanecerá pechado, mentres que o 24 e 31 de decembro abrirá só pola mañá.

Poderán solicitar un posto no mercado as persoas comerciantes, artesás e produtoras con capacidade para producir, exhibir, elaborar e vender produtos. No proceso de selección serán prioritarios os produtos de carácter artesanal e valorarase a calidade, a orixinalidade e a produción a pequena escala para o caso de non seren produtos artesanais.

O prazo de inscricións manterase aberto desde o venres 23 de outubro ata o martes 30 de outubro ás 14:00h. Faranse a través do formulario habilitado para tal fin, cuxa ligazón no anuncio anexo a esta convocatoria.

O 9 de novembro publicarase a listaxe provisional de quendas e emprazamentos, tendo as persoas interesadas ata o 13 de novembro para confirmar a súa aceptación das mesmas.

Con 15 casetas e un máximo de 5 postos exteriores de alimentación, o emprazamento en Carreira do Conde contará con cinco quendas de participación. No caso de Área Central, proporcionaranse os elementos de exposición para un máximo de 15 postos. e dúas quendas. As datas son as seguintes:

  • Quenda 1: Venres 27 de novembro a venres 4 de decembro (8 días ), en Carreira do Conde.
  • Quenda 2: Sábado 5 a Sábado 12 de decembro (8 días), en Carreira do Conde.
  • Quenda 3: Domingo 13 a Domingo 20 de decembro (8 días), en Carreira do Conde.
  • Quenda 4: Luns 21 a Luns 28 de decembro (8 días), en Carreira do Conde e Área Central.
  • Quenda 5: Martes 29 de decembro a Martes 5 de xaneiro (8 días), en Carreira do Conde e Área Central.

Con esta iniciativa, promovida desde o Departamento de Comercio, búscase promover o comercio de proximidade nunha das datas anuais que conta con maiores vendas. Para calquera dúbida ou consulta, as persoas interesadas poden contactar a través do enderezo electrónico recollido no anuncio da Convocatoria

Documentos relacionados

Tipo de archivo Bases de participación no Mercado de Nadal 2026/2027

Tipo de archivo Formulario presentación de solicitude de participación no Mercado de Nadal 2026/2027

Tipo de archivo Anuncio apertura do prazo de inscrición para participar no Mercado de Nadal 2026/2027

Entradas relacionadas