Aprobadas as bases da nova convocatoria de axudas para o comercio e a hostalería, que superan os 3,6 millóns de euros

Axudas e subvencións comercio Santiago

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria, aprobou as bases reguladoras da nova convocatoria de axudas para o rescate do comercio local afectado pola crise, así como as destinadas á restauración, hospedaxe e turismo. Son axudas directas, que contan cun orzamento de 3.651.105,36 euros.

A finalidade destas axudas é promover e reactivar a actividade local que permita manter a actividade económica, o emprego e a dimensión competitiva do sector do comercio e do sector da restauración e hospedaxe; para que poidan afrontar as consecuencias derivadas do impacto xerado pola crise producida pola COVID-19.

Comercio

As “Bases e convocatoria de axudas para o rescate do comercio local afectado pola crise da covid-19. Anualidade 2021”. contan cun orzamento de e 1.904.000 euros. Poderán resultar beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, sociedades civís ou comunidades de bens, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos, no momento da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia: que entre as súas actividades estea incluída algunha das agrupacións ou epígrafes que figuran no anexo II da convocatoria; que teñan a súa sede de actividade no Concello de Santiago de Compostela; que no primeiro trimestre do ano 2021 sufriran unha baixada na facturación igual ou superior ao 20% respecto ao primeiro trimestre do ano 2020; e que non se atopasen en crise a data 31 de decembro de 2019.

O importe das axudas será de 2.500 euros para as persoas que acrediten unha baixada de facturación entre o 20% e o 30%; de 3.000 euros para as persoas que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 30% e ata un 60%; e de 3.500 euros para as persoas que acrediten unha baixada de facturación de máis dun 60%. 5.2. A dita cantidade incrementarase ata 2.000 euros en función do número de persoas traballadoras que teñan no momento da publicación desta convocatoria no BOP, segundo a seguinte escala: 500 euros se teñen 1 persoa traballadora, .000 euros se teñen de 2 a 4 persoas traballadoras, 1.500 euros se teñen de 5 a 9 persoas traballadoras, 2.000 euros se teñen máis de 10 persoas traballadoras.

Hostalería e ocio nocturno

As “Bases da convocatoria de axudas para o rescate da restauración, hospedaxe e turismo do concello de Santiago de Compostela afectado pola crise da covid-19. Anualidade 2021” contan cun orzamento de 1.747.105 euros. Poderán resultar beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, sociedades civís ou comunidades de bens, legalmente constituídas, que cumpran os seguintes requisitos, no momento da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia: que entre as súas actividades estea incluída algunha das agrupacións ou epígrafes que figuran no anexo II da convocatoria; que teñan a súa sede de actividade no Concello de Santiago de Compostela; que no primeiro trimestre do ano 2021 sufriran unha baixada na facturación igual ou superior ao 20% respecto ao primeiro trimestre do ano 2020; e que non se atopasen en crise a data 31 de decembro de 2019.

O importe da axuda será de 2.500 euros para unha baixada da facturacion de entre o 20% e o 30%; de 3.000 euros para unha baixada da facturación superior ao 30% e ata o 60%; e de 4.000 euros para unha baixada superior ao 60%. Para o caso concreto das persoas solicitantes das axudas pola actividade do epígrafe 969.1 (salas de baile, discotecas e similares) o importe da contía por persoa beneficiaria será de 5.000 euros, independentemente da súa facturación. Estas contías incrementaranse con 1.000 euros adicionais por cada centro de actividade adicional ao principal que teña a empresa no Concello de Santiago adicado a actividades económicas correspondentes a epígrafes relacionados cos citados sectores de actividadade e que figuran no anexo II, cun límite de 2.000 euros por este concepto, que correspondería a persoas con tres ou máis centros de actividade.

Unha vez asignada a axuda entre as persoas beneficiarias, en caso de haber remanente na partida orzamentaria, esta repartirase proporcionalmente entre as persoas beneficiarias da axuda.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a contar desde as nove da mañá do día seguinte da publicación desta convocatoria no Boletín Ooficial da Provincia da Coruña

As solicitudes presentaranse, obrigatoriamente por medios electrónicos. Se a presentación se realiza a través da sede electrónica do Concello de Santiago (sede.santiagodecompostela.gal) deberá escoller o trámite “Solicitude de subvención” do catálogo de trámites dispoñible.