O barrio de Conxo é o elixido para acoller a primeira das sete grandes soltas das Bolboretas do Nadal, onde os e as participantes poderán pillar valiosas bolboretas e trocalas alí mesmo por agasallos especiais.
Xunto á gran solta de bolboretas haberá zancudos do Circo Nove, percusión da man de Trópico de Grelos, o espectáculo de humor, malabares e globoflexia Peter Punk: Chungo ke te cagas e un obradoiro para os e as máis pequenas de creación de árbores de Nadal.

Agasallos e actividades
Hai miles de bolboretas por toda a cidade que agochan máis de 100 agasallos, adquiridos polo Concello de Santiago no comercio local por un valor de 2.500 euros.
Este sábado, na primeira gran solta, os composteláns poderán pillar valiosas bolboretas e conseguir premios especiais, que poden recoller no punto de troco que se habilitará detrás da Casa das Asociacións.
O evento comezará ás 17:00 horas e contará coa actuación dos zancudos do Circo Nove, percusión da man de Trópico de Grelos, o espectáculo Peter Punk: Chungo ke te cagas, que estará cheo de humor e malabares, e un obradoiro para nenos de creación de árbores de Nadal.
Toda a información sobre esta campaña e a listaxe de agasallos atópase na web www.asbolboretasdonadal.com.






