Co obxectivo de apoiar o comercio local e dinamizar o sector, o Departamento de Comercio do Concello de Santiago colabora con distintas asociacións do tecido empresarial para poñer a disposición da súa clientela bonos de aparcadoiro de balde.
Mercando no comercio local, usuarios e usuarias poden solicitar bonos gratuítos dunha hora de duración, dependendo do importe da compra e do establecemento. Estes tiques son canxeables nos aparcadoiros da cidade.
Pregunta no teu comercio para informarte e obter estes bonos.
A iniciativa está financiada polo Concello de Santiago e participan o Centro Comercial Aberto Compostela Monumental, a Fundación Santiago Centro Área Comercial, a Asociación Punto Compostela Centro Comercial Aberto e a Rede de Iniciativas Empresariais de Santiago e Comarca Em-Rede.