Axudas destinadas ao apoio ao emprendemento a través do financiamiento das cotas sociais de persoas autónomas consolidadas con máis de 5 anos de antigüidade

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Axudas destinadas ao apoio ao emprendemento a través do financiamiento das cotas sociais de persoas autónomas consolidadas con máis de 5 anos de antigüidade

Convocatoria: Aberta

Data de publicación: 26/09/2024

Prazo entrega solicitudes: Inicio 27/09/2024 Fin 25/10/2024

información, ligazóns e consultas

Bases da convocatoria

Extracto da convocatoria

Deputación Provincial da Coruña
Servizo de Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica

Bases reguladoras do programa de axudas de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais de persoas autónomas/os consolidadas/os con máis de 5 anos de antigüidade (PEL-Autónomas/os consolidadas/os 2024)

ANUNCIO
Mediante Resolución de Presidencia número 2024/37000, do 17 de setembro do 2024, aprobáronse as bases reguladoras do programa de Axudas de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais de persoas
autónomas consolidadas con máis de 5 anos de antigüidade (PEL- AUTÓNOMAS/OS CONSOLIDADAS/OS – 2024)

Deputación Provincial da Coruña

Extracto da Resolución número 2024/37000, do 17 de setembro de 2024 da Presidencia da Deputación da Coruña, pola que se convocan axudas en 2024 destinadas ao apoio ao emprendemento a través do financiamiento das cotas sociais de persoas autónomas consolidadas con máis de 5 anos de antigüidade.

BDNS(Identif.):786707

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b e 20.8.a de a Lei 38/2003, do 17 de novembro, Xeneral de Subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/ge/es/convocatoria/786707)

Obxecto. Sufragar ás persoas autónomas parte das cotas correspondentes ao réxime especial ou sistema especial por conta propia da Seguridade Social que cumpran os requisitos.

Bases reguladoras.

Ordenanza xeral de subvencións e transferencias da Deputación provincial da Coruña.
Bases xerais reguladoras dos programas de subvencións da Deputación Provincial da Coruña 2024.
Bases específicas do programa de axudas destinadas ao apoio ao emprendemento a través do financiamiento das cotas sociais de persoas autónomas consolidadas con máis de 5 anos de antigüidade. Cuarto. Contía. 2.600.000 €

Entidades beneficiarias

Persoas autónomas cun mínimo de cinco anos de actividade que non reciban outras axudas publicas para e pago das súas cotas sociais.

Prazo E LUGAR de presentación

O prazo de solicitude será a partir do día seguinte ao de publicación no BOP da Coruña do extracto da presente convocatoria, e finalizará o día 25 de outubro de 2024, ás 14:00 horas.

Tanto as solicitudes como o resto da tramitación da presente convocatoria, realizarase por vía telemática a través da plataforma #SUBTEL, accesible desde a sede electrónica da Deputación provincial da Coruña https://sede.dacoruna.gal/.