14/12/2024
O Mercado da Estrela é pura arte galega e esta mañá de sábado a alcaldesa, Goretti Sanmartín, acompañada da tenente de alcaldesa, María Rozas, e o concelleiro Xan Duro, visitaron ás artesás e artesáns.
Animaríanse con algunha compra?
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín Rei, e os concelleiros María Rozas e Xan Duro, visitaron esta mañá o Mercado da Estrela
Este evento é xa unha cita imprescindible do Nadal compostelán coa artesanía e o talento galego. Achégate hoxe e mañá domingo!
12/12/2024
Esta fin de semana chega a 13ª edición do Mercado da Estrela, a feira do talento galego onde comprar agasallos creativos e que conta con obradoiros, xogos, gardería-ludoteca, música e gastronomía!
Do 13 ao 15 de decembro
Horario de apertura o venres de 17 a 21 horas; e o sábado e o domingo de 11 a 21 horas.
- Postos de artesanía e produto galego
Hospedaría e claustro procesional do monasterio de San Martiño Pinario
- Espazo específico de Artesanía de Galicia
Comedor e xardín do Pazo de Fonseca
CX Don Bosco
Ademais haberá actividades de ocio e obradoiros pensados, fundamentalmente, para o público infantil, en diferentes espazos.
09/12/2024
O Mercado da Estrela é un festival de Nadal onde as persoas creadoras de Galicia nos mostran o froito do seu talento nas vésperas das festas para que desfrutemos das súas mimadas creacións, pezas, produtos, elaboracións e composicións, ou as convirtamos en orixinais e innovadores agasallos adquiridos baixo o selo de #talentogalego no centro neurálxico de Compostela para os abrazos, os reencontros e os brindes previos a Noiteboa!
Case un centenar de marcas de artesanía, moda, ilustración, xoguetes, fotografía, deseño, decoración, produtos enogastronómicos, últimas tendencias e moito máis, nunha feira creativa contemporánea que completa a súa proposta con foodtrucks, postos de restauración e un atractivísimo programa de concertos, sesións picadiscos e obradoiros deseñado para gozar da creatividade e do tempo compartido.
Un festival de balde que reparte os seus contidos entre diferentes espazos de destacado valor histórico e patrimonial de Santiago de Compostela para redescubrilos a través dun percorrido que permite coñecer a impresionante riqueza arquitectónica e cultural desta cidade Patrimonio da Humanidade, mentres se desfruta do animado ambiente que caracteriza o festival e se descubre a riqueza creativa dos novos talentos de Galicia.