Comercio local, Eu Merco Aquí_Compostela, a estrela do nadal 2024

estrela do nadal1 (1)

Programa de Compostela, a estrela nadal

Consultar o programa completo de Compostela, a estrela do nadal: i.gal/nadal24-programa

02/01/2025

Mercar no comercio local compostelán ten premio!🎁

Este sábado, 4 de xaneiro, temos preparados moitos agasallos para sortear nunha nova xornada da ruleta Eu merco aquí.

📅Sábado, 4 de xaneiro
🕚A partir das 11h
📍Carpa de Alameda en Xogo.

Para participar traede os vosos tickets do comercio local.🛍 Deberán ser de compras feitas entre o 1 e o 4 de xaneiro e dun importe igual ou superior a 5€.

🎟Cada ticket dávos unha nova oportunidade de gañar un dos regalos. Vide axiña para ter máis onde elixir. Moita sorte!🍀

28/12/2024

📸 Con Ailá e moito baile despedimos os sábados de #SonVermú🎵

O público puido descubrir ‘Tradimensional’, o novo traballo deste grupo referente xa da música tradicional galega 👏

27/12/2024

🎄Este Nadal mercar no comercio local de Santiago trae premio! 😊

O sábado 4 de xaneiro volve a Ruleta Eu merco aquí. 🧾Traede os tickets das vosas compras locais conseguidos do 1 ao 4 de xaneiro e tirade á ruleta para intentar conseguir un agasallo para os peques da casa. 🎁

📅 Sábado, 4 de xaneiro

🕚 A partir das 11h

📍Carpa de Alameda en Xogo.

Bulide para ir‼️Así teredes máis regalos para elixir.

23/12/2024

📸 Esta tardiña celebramos a primeira sesión de cinema na Carpa da Alameda 👏 coa proxección do filme ‘As neves’, de Sonia Méndez 🎞️

🔔 Ata o 3 de xaneiro poderás ver outras cinco películas, tanto para público familiar e adulto! Consulta o programa 🧐

23/12/2024

Luces, cámara… Nadal! 🎞️ Estas semanas propoñémosche gozar do cinema no novo espazo da Carpa da Alameda con seis filmes para público familiar e adulto 🧡

Toma nota! 👇

🌟 23/12: ‘As neves’

🌟26/12: ‘Os fenómenos’

🌟 27/12: ‘A galiña Turuleca’

🌟 30/12: ‘Cuñados’

🌟 02/01: ‘Robot dreams’

🌟 03/01: ‘Valentina’

🎟️ A entrada é de balde ata completar.

Máis info no programa 🧐i.gal/nadal24-programa

22/12/2024

📸 Este mediodía a #CarpaRoxa desfrutou ao ritmo dos violíns, violas e violoncelos de Suzukiños e o espectáculo ‘De volta co crebanoces’ 🎼🧡 Canto talento ten esta rapazada! 👏

Aínda quedan moitas actividades para gozar deste #Nadal🎀 Consulta o programa.

20/12/2024

Comezan as actividades de Nadal da “Alameda en Xogo”

A programación de Nadal refórzase desde este venres, co inicio das actividades da “Alameda en Xogo”. Na carpa haberá pista de xeo ecolóxica, xogos populares, actividades infantís e, como novidade deste ano, proxeccións de cine para as familias.

“Alameda en Xogo” é unha iniciativa da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, co obxectivo de dinamizar o comercio de proximidade durante as datas do Nadal. A carpa estará aberta todos os días en horario de mañá e tarde, salvo os días 24 e 31, cando só funcionará pola mañá; e os días 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro, cando estará pechada.

A carpa dálle acubillo á pista de xeo ecolóxica, similar á instalada o ano pasado e que tivo moi boa acollida entre os nenos e nenas; e a un espazo con distintas actividades como rocódromo, xogos populares, un futbolín xigante, e unha área de inchables. 

Luces, cámara… Nadal!

Como novidade este ano, a carpa da Alameda acollerá unha ampla programación de filmes para público familiar e adulto, con proxeccións que serán de balde ata completar aforo.

A primeira película que se vai poder ver, o día 23, será “As Neves”. Seguiránlle “A canción do mar”, o día 26; “A galiña Turuleca”, o día 27; “Cuñados”, o día 30; “Robot dreams”, o 2 de xaneiro; e “Valentina”, o 3 de xaneiro. Todas as proxeccións serán ás 19:30 horas.

Rocódromo

18/12/2024

O #MercadodeNadal é perfecto para as compras destas festas. 🥰 Ademais, vén cargado de actividades e xogos para os máis pequenos da casa. 🧑‍🦱👧

Recordámosvos os obradoiros organizados para esta semana:

Venres 20:

👉Árbores de fío ás 18h🎄

Sábado 21:

👉 Ananiños de imán ás 12h 🧲

👉 Renos enmarcados ás 18h 🦌

Domingo 22:

👉 Casiñas de galletas ás 12h 🏡

👉 Unha bóla de Nadal diferente ás 18h🪩

13/12/2024

🎄Compostela continúa coas actividades de Nadal.🎄

Esta fin de semana volven a Carreira do Conde os obradoiros infantís do Mercado de Nadal👧👦

Venres 13:

👉Un bolígrafo de caramelo ás 18h 🍬

Sábado 14:

👉Boliñas de papel ás 12h 📃

👉Bonecos de xenxibre ás 18h 🫚

Domingo 15:

👉Un reno moi pomposo ás 12h 🦌

👉Etiquetas para agasallos ás 18h 🎁

Ademais, dentro da programación das festas, tamén poderedes desfrutar do Mercado da Estrela do 13 ao 15 de decembro.⭐️

🧐 Para ver todo a programa de Compostela, a estrela do nadal👉i.gal/nadal24-programa

12/12/2024

Os personaxes do Circo de Pinocho saen da carpa para visitar as rúas de Santiago de Compostela. 🎪🤥 Vén coñecer a Pinocho, Pepiño Grilo, á Fada Mimadriña e a Gepetto, acompañados dos malabaristas e acróbatas que conforman a súa troupe. 🤹‍♀️

📅 Domingo 15 ás 17h

📍Saída da Praza do Obradoiro e chegada á Praza Roxa.

07/12/2024

Xa está a funcionar a Ruleta Eu Merco Aquí.

04/12/2024

Este sábado, 7 de decembro, non vos perdades a ruleta de agasallos “Eu merco aquí”. 📍 Atoparédela na Praza Roxa ás 17:00h.

👉 Para participar teredes que presentar os vosos tickets do comercio local. ❗️Deberán ser dun importe igual ou superior a 5€ con data de entre o 1 e o 7 de decembro. Cada ticket daravos opción a unha tirada na ruleta. As persoas gañadoras recibirán un premio directo.🎁

Moita a sorte a todos os participantes!🍀

O Circo de Pinocho chega a Santiago nun Nadal cheo de actividades nas carpas da Praza Roxa e a Alameda

03/12/2024 O Circo de Pinocho, un espectáculo de Educateatro Producións, chegará a Santiago neste Nadal, un total de 17 funcións entre o 20 de decembro e o 4 de xaneiro. A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou hoxe a montaxe, que se instalará no parque das Cancelas. Foi nunha rolda de prensa na que estivo acompañada polo productor, Xandre Vázquez, e por Pepiño Grilo e Pinocho, dous dos protagonistas desta innovadora proposta escénica.

O Circo do Pinocho é unha montaxe que combina o teatro musical cunha escolma dos números máis clásicos do circo, nunha carpa deseñada específicamente para este espectáculo no que aparecen personaxes do clásico Pinocho. Do 20 de decembro ao 4 de xaneiro haberá un total de 17 funcións, con entradas que xa están á venda na web circodepinocho.gal por prezos que van desde os 11 euros. A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude vai repartir máis de 300 entradas de balde, parte delas para familias vulnerables usuarias dos Servizos Sociais, e outra parte a través do departamento de Comercio, na ruleta “Eu Merco Aquí” que estará instalada durante o Nadal na carpa instalada na Praza Roxa e na Alameda. As entradas repartiránse, en concreto, o sábado 7 de decembro, e para optar aos agasallos da ruleta é preciso presentar un tícket de compra dun mínimo de 5 euros en establecementos do comercio local.

Xandre Vázquez explicou que o “Circo de Pinocho” é “unha proposta de circo clásico pero modernizado, e ademais é a día de hoxe a única proposta de circo galego, con artistas que ademais son na súa maioría residentes en Santiago”.

María Rozas aproveitou a rolda de prensa para dar conta tamén doutras accións que fan parte da programación de Nadal, organizadas desde a Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. A tenenta de alcaldesa lembrou que “o departamento de Comercio volve apostar por actividades de dinamización, que anime á veciñanza a sair á rúa e, polo tanto, a achegarse ao pequeno comercio, para o que esta época do ano é fundamental”. Ao igual que o ano pasado, a programación centralizarase nas carpas que se van instalar na Praza Roxa e na Alameda.

Sons na Praza Roxa

A Carpa Roxa acollerá desde mañá as actuacións musicais dos ciclos Son Xove, con concertos das bandas do Centro Xove da Almáciga nas tardiñas dos venres; e Son Vermú, actuacións de grupos galegos nos mediodías dos sábados. O primeiro dos programas comezará o xoves, a partir das 19:30, coa actuación de Ginko Biloba. Despois diso, serán os concertos de W3ird Nois3s e Abuela, o día 13; Lusardi e Jaco, o 20; e a Jam de Nadal, o 27 de decembro coa participación da maior parte das bandas da Almáciga que farán un repaso por diferentes xéneros musicais.

En canto ao Son Vermú, os concertos serán cada sábado ás 13.00 horas. Comenzarán o día 7 con The Spoonfuls, unha banda de blues e soul froito da unión de músicos dalgunhas das mellores bandas galegas. O 14 de decembro, será o turno de Brassica Rapa; o 21 de decembro actuará Maricarme; e o ciclo pecharáse o 28 de decembro coa actuación de Ailá.

Ademais, a Carpa Roxa acollerá ao longo de todo o mes outras actividades dirixidas ao público familiar, como obradoiros de baile tradicional e pandeireta, talleres de elaboración de xoguetes ou cartas ao Apalpador, ou sesións de xogos de mesa organizadas desde a Concellaría de Centros Socioculturais. Tamén están previstas diferentes propostas de artes escénicas: A Feira das Sementes de Títeres Babaluva, o día 8; De volta co crebanoces de Suzukiños, o 22 de decembro; o Contacontos do Apalpador con Polo Correo do Vento, o día 23; A filla do cacharulo de Títeres Babaluva, o 31 de decembro; e Rogelio 3. La fête, de As Sircópatas, o 3 de xaneiro. Na Praza Roxa teremos tamén sesións de Impro para adultos, e a Gala de Maxia que se celebrará o 29 de decembro. 

Alameda en xogo

Ademais da Carpa Roxa, o departamento de Comercio recupera este ano o programa da “Alameda en Xogo”, que botará a andar o 20 de decembro, cadrando coas vacacións escolares. Na carpa instalada neste emblemático espazo haberá un amplo espazo de xogo para as crianzas, cunha pista de xeo ecolóxica “similar á do ano pasado e que funciona especialmente ben cos nenos e nenas máis pequenos”; e con diferentes xogos como o rocódromo, xogos populares, futbolín xigante, xogos de madeira, hinchables, ou xogos de reflexos. A carpa da Alameda funcinoará do 20 de decembro ao 7 de xaneiro, en horario de 11 a 14 horas, e de 17 a 20.30 horas. Como novidade, este ano haberá un ciclo de cine na carpa da Alameda, con películas como As Neves, A canción do mar, A galiña turuleca, Máis cuñados ou Robot Dreams. 

Entradas relacionadas