Ficha da subvención
Denominación
Bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e se convocan para o ano 2025 (IN201G)
Convocatoria: Aberta
Data de publicación: 17/06/2025
Prazo entrega solicitudes: Inicio 18/06/2025 Fin 17/07/2025
información, ligazóns e consultas
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Fundación Pública Artesanía de Galicia
Área Central, 1º – Local 25MN.
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999171/ 881999175
Fax: 881999170
Email: centro.artesania@xunta.gal
http://artesaniadegalicia.xunta.gal
Desde o resto do Estado: 902120012
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Subdirección Xeral de Artesanía, Entidades e Promoción Comercial
Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía
Edificios Administrativos San Caetano, 3ª planta
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999178/ 981545597
Fax: 981545541
Email: cei.dxcomercio@xunta.es
Desde o resto do Estado: 902120012
CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN
ORDE do 30 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a promoción da artesanía galega e o fomento da súa comercialización, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento IN201G).
3. Para a concesión destas subvencións destínase un crédito total de 265.000,00 €, que será imputado ao código de proxecto 2015 00276 e ás seguintes aplicacións orzamentarias:
Aplicación orzamentaria | Importe (€) | Beneficiarias/os |
14.06.751A.770.3. Comercialización artesanía de Galicia. Obradoiros artesáns. | 180.000,00 € | Artigo 4 do anexo I |
14.06.751A.761.5. Comercialización artesanía de Galicia. Corporacións locais. | 50.000,00 € | Artigo 5 do anexo I |
14.06.751A.781.4. Comercialización artesanía de Galicia. Asociacións profesionais artesanais. | 35.000,00 € | Artigo 4 do anexo I |
Persoas e entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases e sempre que nas persoas solicitantes non concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, as persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas e que, en todo caso, cumpran ademais os seguintes requisitos:
1. Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o mesmo día en que presenten a solicitude de subvención.
2. Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. Os concellos deberán cumprir co deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas, nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 139/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas.
Primaranse aqueles concellos que coordinen as súas solicitudes e compartan ou mancomunen obras ou servizos, dando cumprimento así ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2013, polo que se aproban os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal.
3. Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns de Galicia legalmente constituídas das cales cando menos o 80 % dos seus membros, cun mínimo de 10, figuren inscritos como obradoiros artesáns no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓNS
1. Para poder ser persoa ou entidade beneficiaria da subvención deberá presentarse unha única solicitude dirixida á Consellería de Emprego, Comercio e Emigración axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II (solicitude), que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 9 das bases reguladoras.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado, anexo II (solicitude), dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
3. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
4. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
5. O prazo para presentar as solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.