Ficha da subvención
Denominación
AXUDAS DESTINADAS A APOIAR ÁS EMPRESAS DE ECONOMÍA SOCIAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Convocatoria: Aberta
Data de publicación: 30/08/2024
Prazo entrega solicitudes: Inicio 31/08/2024 Fin 01/10/2024
información, ligazóns e consultas
Oficinas centrais
Edificio Municipal CERSIA Empresa
Alcalde Raimundo López Pol, s/n (San Lázaro)
15703 Santiago de Compostela
Tel. 981 542 493
Correo electrónico: cersia@santiagodecompostela.org.
Horario: aberta de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas (excepto festivos)
Consulte as bases completas da convocatoria na web da Base de datos Nacional de Subvencións
Obxecto e finalidade
1.1 Obxecto
Establécense as bases reguladoras das “Axudas a empresas de Economía Social” para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas á consolidación e o mantemento de empresas con forma xurídica de cooperativa, sociedade laboral, centro especial de emprego ou empresa de inserción definida como tal segundo o establecido na Lei de Economía Social de Galicia.
1.2 Finalidade
A finalidade destas axudas é contribuír á consolidación e desenvolvemento do tecido empresarial no Concello apoiando a empresas de economía social mediante axudas ao gasto corrente no que incorren para desenvolver a súa actividade empresarial.
Persoas beneficiarias
Poderán resultar beneficiarios das axudas previstas nesta convocatoria as cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego, e empresas de inserción (definida como tal segundo o establecido na Lei de economía Social de Galicia), que cumpran os seguintes requisitos:
· Ter iniciada a actividade o 1 de xaneiro de 2024 ou ben iniciala dentro do período subvencionable, e manterse en activo durante o ano da convocatoria.
· Para os efectos deste programa enténdese como data de inicio de actividade aquela en a que a persoa solicitante cause alta no IAE ou, no seu caso, no censo de obrigados tributarios.
· Ter a súa sede social, fiscal e, polo menos, un centro de traballo, no Concello de Santiago.
· Que a súa actividade empresarial sexa viable económica, financeira e tecnicamente. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas participadas por algunha Administración Pública.
Prazo de presentación de solicitudes e xustificación
O prazo xeral de presentación de solicitudes e xustificación comezará a partir do seguinte ao da publicación do extracto desta convocatoria no boletín oficial da provincia da Coruña e finalizará o 1 de outubro de 2024.
Para a presentación das solicitudes de axudas, as persoas beneficiarias poden contar co asesoramento do Servizo de Apoio á Empresa da Oficina de Economía do Concello de Santiago de Compostela.
As consultas sobre as presentes bases, poderanse facer a través do correo electrónico do Servizo de Apoio á Empresa (sae@santiagodecompostela.gal), ata 3 días hábiles antes do peche do prazo de presentación de solicitudes.
Aberto desde mañá o prazo para solicitar subvencións dirixidas a empresas de economía social
30/08/2024 Tras a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP) de hoxe, 30 de agosto, as empresas interesadas poderán presentar as súas solicitudes desde mañá ata o 1 de outubro. Esta convocatoria conta cun orzamento de 120.000 euros.Con esta convocatoria de axudas, que conta cun orzamento de 120.000 euros, o Concello de Santiago pretende contribuír á consolidación e desenvolvemento do tecido empresarial no Concello apoiando a empresas de economía social mediante axudas ao gasto corrente no que incorren para desenvolver a súa actividade empresaria. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o vindeiro 1 de outubro.
Á convocatoria de axudas a empresas de economía social poden optar aquelas cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción que teñan iniciada a súa actividade o 1 de xaneiro de 2024, ou que a inicien dentro do período subvencionable, e se manteñan en activo durante o ano da convocatoria. Tamén é requisito para obter as axudas que as empresas teñan a súa sede social, fiscal e, polo menos, un centro de traballo, no concello de Santiago.
Como novidade, nesta convocatoria introdúcese como criterio de valoración o triple impacto social, medioambiental, ademais de económico, que deberá estar recollido na memoria empresarial presentada.
Terán a consideración de gastos subvencionables os considerados como correntes realizados e pagos entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 1 de outubro deste abo. O importe final da subvención non poderá superar o importe máximo de 5.000 euros por beneficiario, nin o importe total do 80% dos gastos subvencionables debidamente xustificados.