xa está en marcha o sorteo de abril da Campaña “12 comercios, 12 sensibilidades”

12c12slogocomer (1)

A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025

08/04/2025

Enmarcado na campaña 12 comercios 12 sensibilidades deste mes de abril, estase a organizar un novo sorteo para o mes de abril. Desta volta con dous premios relativos as dúas entidades participantes:

  • Dúas clases de proba en Abeiratúa, asociación que traballa para mellorar a calidade de vida de pacientes con cancro.
  • Un vale de 30 € para gastar en D’Aldea, tenda de alimentación sostible.

As persoas interesadas en participar, só teñen que seguir dous doados pasos:

  • Conseguir o flyer da campaña nalgún dos 12 comercios participantes.
  • Visitar o punto informativo de Abeiratúa localizado en D’Aldea e depositar na furna o flyer coa participación.

O prazo para unirse estará aberto ata o propio día do sorteo, que se celebrará o mércores 30 de abril en  D’Aldea.

Ademais, durante todo o mes celébranse diferentes actividades coas que se busca impulsar hábitos saudables e apoiar as persoas con cancro.

Entradas relacionadas