Ficha da subvención
Denominación
Bases de inscripción para participar no concurso de escaparates de Nadal 2024
Convocatoria: Aberta
información, ligazóns e consultas
Departamento de Comercio
Concello de Santiago de Compostela
Rúa República de El Salvador, 12, entresollado
15701 Santiago de Compostela
981542492 Ext. 33078
https://comerciolocalsantiago.gal
Facebook: https://www.facebook.com/ComercioSantiago/
Instagram: https://www.instagram.com/comerciostgo/
Twitter: https://twitter.com/ComercioStgo
26/12/2024 O BOP acaba de publicar as bases da convocatoria do concurso de escaparates de Nadal. O obxectivo desta iniciativa é animar aos establecementos da cidade a atraer máis clientela e aumentar o consumo no comercio local durante as Festas do Nadal. O Concello de Santiago lanza un ano máis o concurso de escaparates de Nadal co obxecto de promover a creatividade dos comerciantes á hora de presentar os seus escaparates contribuíndo así ao incremento do consumo no comercio local, nesta época tan importante para o sector.
A temática que deben desenvolver será o Nadal, con total liberdade en canto á súa interpretación e estilo. O xurado valorará os escaparates participantes no seu conxunto, pola súa capacidade de atracción e xeración do desexo de compra, calidade, composición, deseño, orixinalidade e o emprego de elementos propios do obxecto de venda da actividade e materiais de refugallo.
En total, o xurado concederá premios aos seis escaparates mellor decorados, con contías económicas de 2.000, 1.500, 1.200, 1.000, 750 e 500 euros, respectivamente.
Inscrición
O prazo de presentación do concurso abrirase a partir das 00:00 h deste venres.
Os establecementos interesados deberán presentar obrigatoriamente a solicitude de participación no concurso por medios electrónicos, a través do formulario CO006COM2-Concurso-de-escaparates-Nadal-2024. A solicitude debe presentarse na sede electrónica do Concello de Santiago (sede.santiagodecompostela.gal) a través o trámite “Solicitude de subvención” dentro do catálogo de trámites dispoñible ou premendo neste enlace Trámite concurso nadal na sede electrónica a continuación ir ao apartado Tramitación online, para poder identificarse. Subir a solicitude cuberta e asinada e a memoria explicativa do concepto de escaparate, para finalizar o rexistro electrónico.
Os participantes deberán enviar dúas fotografías do escaparate ao correo comercio@santiagodecompostela.gal.