XIII edición DO Mercado da Estrela, do 13 ao 15 de decembro

mercado estrela_4 (1)

14/12/2024

🛍️🎁🪴 O Mercado da Estrela é pura arte galega e esta mañá de sábado a alcaldesa, Goretti Sanmartín, acompañada da tenente de alcaldesa, María Rozas, e o concelleiro Xan Duro, visitaron ás artesás e artesáns.

Animaríanse con algunha compra?

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín Rei, e os concelleiros María Rozas e Xan Duro, visitaron esta mañá o Mercado da Estrela✨

Este evento é xa unha cita imprescindible do Nadal compostelán coa artesanía e o talento galego. Achégate hoxe e mañá domingo! 🎉

Imaxes da visita

12/12/2024

🎉 Esta fin de semana chega a 13ª edición do Mercado da Estrela, a feira do talento galego onde comprar agasallos creativos e que conta con obradoiros, xogos, gardería-ludoteca, música e gastronomía! 👏

🗓 Do 13 ao 15 de decembro

Horario de apertura o venres de 17 a 21 horas; e o sábado e o domingo de 11 a 21 horas.

  • Postos de artesanía e produto galego

📍 Hospedaría e claustro procesional do monasterio de San Martiño Pinario

  • Espazo específico de Artesanía de Galicia

📍 Comedor e xardín do Pazo de Fonseca

📍Praza 8 de marzo

📍 CX Don Bosco

Ademais haberá actividades de ocio e obradoiros pensados, fundamentalmente, para o público infantil, en diferentes espazos.

#CompostelaAEstrelaDoNadal✴

09/12/2024

O Mercado da Estrela é un festival de Nadal onde as persoas creadoras de Galicia nos mostran o froito do seu talento nas vésperas das festas para que desfrutemos  das súas mimadas creacións, pezas, produtos, elaboracións e composicións, ou as convirtamos en orixinais e innovadores agasallos adquiridos baixo o selo de #talentogalego no centro neurálxico de Compostela para os abrazos, os reencontros e os brindes previos a Noiteboa!

Case un centenar de marcas de artesanía, moda, ilustración, xoguetes, fotografía, deseño, decoración, produtos enogastronómicos, últimas tendencias e moito máis, nunha feira creativa contemporánea que completa a súa proposta con foodtrucks, postos de restauración e un atractivísimo programa de concertos, sesións picadiscos e obradoiros deseñado para gozar da creatividade e do tempo compartido.

Un festival de balde que reparte os seus contidos entre diferentes espazos de destacado valor histórico e patrimonial de Santiago de Compostela para redescubrilos a través dun percorrido que permite coñecer a impresionante riqueza arquitectónica e cultural desta cidade Patrimonio da Humanidade, mentres se desfruta do animado ambiente que caracteriza o festival e se descubre a riqueza creativa dos novos talentos de Galicia.

Cartaz do mercado

Entradas relacionadas