16/07/2024 O concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais presidiu a primeira xuntanza da mesa de traballo da Praza de Abastos, creada para reflexionar sobre o futuro e as mellores necesarias no mercado. Xan Duro explicou que “a de onte foi a primeira toma de contacto, e xa para setembro comezaremos a traballar tanto nas medidas de carácter máis inmediato como nas estratexias a medio e longo prazo para revitalizar a Praza de Abastos, e que siga sendo referente da alimentación e o produto fresco en Santiago”.A mesa de traballo da Praza de Abastos está constituída por dez representantes das diferentes naves do mercado, un representante da Unión de Consumidores de Galicia, outro do sector hostaleiro, e outra das entidades veciñais. Ademais, participan diferentes técnicos municipais e o propio concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais. Na xuntanza de onte, Xan Duro explicou que “despois desta primeira xuntanza na que se fixo unha primeira aproximación á situación actual da Praza de Abastos, para setembro empezaráse a traballar en dúas liñas, para acometer pequenas melloras máis inmediatas no mercado, pero tamén para empezar a pensar a longo prazo no futuro do mercado”. Neste sentido, o concelleiro insistiu en que “é preciso manter a identidade da Praza, pero tendo en conta que é preciso modernizar o mercado para chegar a nova clientela, e traballar tamén para garantir a supervivencia e o relevo xeracional nos postos da Praza de Abastos”.
Entradas relacionadas
Convocatoria pechada o 6/10/2022. Resolta o 10/01/2023 VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN RESOLUCIÓN do 10 de…
06/09/2024 Mañá sábado os comercios do #ensanchescq saen á rúa cos seus produtos a prezos especiais para dar a benvida…
21/06/2024 Proceden de diferentes puntos de Galicia, así como de Asturias e País Vasco Área Central acolle mañá sábado a I…
A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” 01/08/2024 No marco da campaña 12 Comercios 12 Sensibilidades, o mes de xullo tivo…
A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” 30/09/2024 Hoxe remata setembro e con este video lembramos a colaboración solidaria deste mes…
20/11/2024 No acto participou un representante de Ourives que expuxo as inquedanzas do gremio sobre a situación do acibeche, entres…
18/12/2024 O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu hoxe o acto de peche da campaña “12 Comercios, 12 Sensibilidades”,…
A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025 07/05/2025 Xa está activo o punto informativo de @acougo.gal en @latiendademariasantiago, dentro da…
08/04/2024 Os produtos Km0 atópanse estreitamente ligados ao comercio local pois o seu destino final de venda son establecementos ubicados…
CONSELLERÍA DE EMPREGO, COMERCIO E EMIGRACIÓN ORDE do 9 de xullo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras…
20/02/2025 O Concello de Santiago, a través da concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, colabora coa…
A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025 02/04/2025 ABRIL SOLIDARIO: SAÚDE, ECONOMÍA CIRCULAR E APOIO ABEIRATÚA Este mes, a campaña…
A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025 03/02/2025 A semana pasada, Ramón Castro entrevistou a Curru de Cousalinda, comercio que…
26/03/2024 O comercio representa unha cuarta parte da actividade económica española, segundo un informe da Cámara de Comercio. A tenda…
Un total de 58 expositores protagonizarán este ano o Mercado de Nadal, que se traslada á nave 5 da Praza…