Rematou o II Mercado das flores no Barrio Xardín

Captura

31/05/2023 Este sábado 27 de maio no “Barrio Xardín” na Praza da Constitución celebrouse o II Mercado das flores. Un proxecto que ten como obxectivo dinamizar o comercio da zona, recuperar os espazos públicos e mellorar a convivencia.

Estas son algunhas das actividades que puidemos disfrutar: exposición e venda de plantas, un obradoiro de coidado do arborado urbano: a poda , un obradoiro de coidados dos bonsais, a realización dun mural grafitti, contacontos, firma do libro “Plantitis crónica” de Clara Redondo, sesión vermut e un xantar compartido.

A festa desenvolveuse durante toda a xornada, desde as 11:00 ás 20:00 horas e foi todo un éxito de participación. Velaquí algún dos mellores momentos desta II edición.

Entradas relacionadas