25/06/2024
Sabor a Novo en fotografías e vídeos.
https://photos.app.goo.gl/ChnqC4dy6xQ7Zb3T9
17/06/2024
Artesanía e música venceron ao mal tempo dentro do pazo.
Hoxe é día de “Sabor a novo”
16/06/2024
Hoxe é día de “Sabor a novo”. Achégate ata o Pazo de San Lourenzo, de 12 a 21 h.) a coñecer as propostas das marcas galegas participantes (moda, xoiaría, cerámica, cestería, decoración e alimentación). Ademais:
Concertos.
Sesións picadiscos.
Obradoiros.
Oferta gastronómica.
Contamos contigo!
Medio cento de marcas participan en “Sabor a novo”, un evento “para poñer en valor a artesanía galega e o comercio local”
12/06/2024 Medio cento de marcas galegas de moda, xoiaría, cerámica, cestería, decoración ou mesmo alimentación participarán o próximo domingo en “Sabor a novo”, un evento que se celebrará no Pazo de San Lourenzo e no que tamén haberá música en directo, obradoiros de creación artesanal, e unha ampla oferta gastronómica. O obxectivo é “poñer en valor a produción e a artesanía galega e o comercio de proximidade, cunha actividade que quere ser tamén lúdica para atraer a novos públicos”.A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, presentou esta mañá o evento “Sabor a novo”, nunha rolda de prensa na que tamén participaron a súa organizadora e directora de Correveydile, Mónica Mejías; a xerente da Fundación Pública Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro; e a xerente do Pazo de San Lourenzo, Charo Barca. María Rozas salientou que “o Concello comparte todos os obxectivos cos que nace esta actividade, que pretende dinamizar as compras nun momento complicado para o comercio de proximidade que se enfronta a moitas dificultades fronte á competencia das vendas online”. A concelleira destacou que “Sabor a novo” terá lugar o domingo, “pechando unha fin de semana de festa no comercio local, posto que o venres e o sábado celebraremos o evento Prima 24, tamén para poñer en valor o noso comercio”.
Medio cento de marcas e moitas actividades complementarias
En “Sabor a novo” participarán medio cento de marcas galegas, que amosarán e venderán as súas coleccións de moda, xoias, bixutaría, cerámica, cestería, marroquinería, decoración ou productos alimentarios. Desta maneira, os visitantes coñecerán poderán descubrir as novas coleccións dos obradoiros con selo de Artesanía de Galicia, así como de novos productores, creadores e artistas galegos.
Ademais, nos xardíns do Pazo de San Lourenzo haberá moitas actividades complementarias: concertos como o de Zeltia IreVire; sesións picadiscos con Peter Sélek; obradoiros de creación artesanal coas técnicas de cianotiia e gyotaku; e tamén unha interesante oferta gastronómica. A entrada ao evento, que se desenvolverá a partir das 12 horas, é de balde, e haberá un servizo de gardería-ludoteca para a cativada.
O evento “Sabor a novo” será tamén unha oportunidade única para coñecer o Pazo de San Lourenzo, un espazo privado mais incluido dentro do Patrimonio Artístico Nacional. As actividades da feira desenvolveranse tanto nos xardíns como no claustro e nos diferentes salóns do edificio, “onde se cre que Rosalia de Castro buscou inspiración para Follas Novas, onde pasaba as súas vacacións o emperador Carlos I de España e V de Alemania, e onde di a lenda que estivo encerrado Santiago Pedro Muñiz acusado de nigromante”.
SABOR A NOVO – Domingo 16 de xuño – 12h a 21h
31/05/2024
Espazos cos que soñar no Pazo de San Lourenzo! E soños que se farán realidade o vindeiro domingo 16 de xuño en #SABORANOVO!
Os misteriosos e exuberantes xardíns, o salón dos tápices flamencos do século XVII, o singular seto de boj con máis de catrocentos anos de antigüidade, o salón da Torre e mil recunchos segredos que se abrirán para nós mentres lle damos a benvida ao solsticio ás portas deste, cada vez, máis achegado verán!
26/05/2024
O Pazo de San Lourenzo acollerá o evento Sabor a Novo, o vindeiro domingo 16 de xuño.
Trátase dunha festa de benvida á primavera con feira de proximidade para visibilizar as novas coleccións de marcas galegas.
Descubre as primeiras marcas confirmadas en SABOR A NOVO!
Persoas creadoras, artistas, produtoras, pequeno comercio, marcas enogastronómicas de produtos envasados para agasallar ou levar para casa e marcas creativas que desexan compartir connosco as súas coleccións de complementos, ilustración, decoración, xoiería, cosmética natural, velas, roupiña para a cativada e moito máis!
Cóñeceas o vindeiro domingo 16 de xuño en horario de 12h a 21h e deámoslle a benvida ao solsticio de verán!
Últimas prazas aínda dispoñibles para marcas interesadas en:
https://bit.ly/BasesSaborANovo
Novas coleccións, novas músicas e novos divertimentos no Pazo de San Lourenzo!
Achégate á compostelana carballeira de San Lourenzo o vindeiro16 de xuño para dar a benvida á primavera cunha festa popular na que descubrir novas marcas, novas cancións e novas formas de desfrutar as horas do domingo máis longo do ano!
Unha oportunidade para celebrar o solsticio de verán nun espazo máxico do corazón compostelano, incluido dentro do Patrimonio Artístico Nacional e situado en medio de misteriosos e exuberantes xardíns amurallados que abrirán as súas portas para toda a veciñanza!
Promove: Correveydile
Patrocina: Xunta de Galicia a través da Fundación Pública Artesanía de Galicia e Pazo de Raxoi a través da Área de Comercio
Colabora: Pazo de San Lourenzo
Sabor a artesanía