A campaña “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025
01/04/2025
Pechamos marzo cun resumo desta colaboración solidaria de @escondi.t con @obrasocialpediatria @obrasocialpediatria dentro da campaña #12comercios12sensibilidades.
Durante todo o mes, descubrimos o labor imprescindible que realizan os profesionais do CHUS para humanizar a estancia das crianzas hospitalizadas e das súas familias.
Moitísimas grazas a todas as persoas que vos achegáchedes ao EscondiT para coñecer esta iniciativa! Cada pequeno xesto conta para seguir debuxando sorrisos nos nenos e nenas que están de visita na planta de pediatria do CHUS
.
31/03/2025
Xa coñecemos aos gañadores do #sorteomensual de #12comercios12sensibilidades da colaboración solidaria deste mes de marzo
Durante todo o mes, moitas persoas achegáronse ao @escondi.t para apoiar esta causa solidaria e coñecer de preto o traballo da @obrasocialpediatria. Entre todas elas, #Olga e #Xoel resultaron ser as persoas afortunadas!
En breve contactaremos con eles para facerlles entrega do seu premio: un lote de produtos solidarios de Obra Social Pediatría para cada un
.
28/03/2025
Ti tamén podes colaborar con @obrasocialpediatria !
No CHUS, ademais da súa labor asistencial, o equipo de pediatría impulsa proxectos que melloran a estancia dos nenos e nenas hospitalizados. Pero para facelo posible, precisan da colaboración de todas e todos!
Neste vídeo, Federico Martinón, xefe de pediatría do CHUS, explícanos desde a xoguetería @escondi.t como podemos axudar:
Aportacións económicas directas a través da web
obrasocialpediatria.org
Organización de eventos solidarios ou actividades benéficas
Propostas de actividades lúdicas ou educativas para as crianzas hospitalizadas
Toda axuda conta para seguir humanizando a planta de pediatría do hospital!
Lembra! Ata o 31 de marzo, ainda estás a tempo de participar no sorteo de dous lotes de produtos solidarios de Obra Social Pediatría visitando o EscondiT e achegando un flyer da colaboración deste mes
18/03/2025
#12comercios12sensibilidades Porque o comercio local de Compostela é moito máis que tendas: é compromiso, comunidade e apoio ás causas que importan.
Cada mes, unha muller emprendedora dará visibilidade desde a súa tenda a unha causa social, visibilizando e apoiando o traballo dunha asociación:
Xaneiro @cousalinda.modaycomplementos
Febreiro @joyeriajoseantonio
Marzo @escondi.t
Abril @atmosfera.sport_compostela
Maio @latiendademariasantiago
Xuño @daldeasdc
Xullo @elainteriorismo
Agosto #libreriasanpablo
Setembro @maravallaxabons
Outubro @mimolettsantiago
Novembro @cousasdocampofroitaseverduras
Decembro @trisquel_artesania
Segue a campaña en Facebook, Instagram e WhatsApp, e descubre como cada compra pode ser un xesto de compromiso.
13/03/2025
A semana pasada, en @Escondi.t vivimos unha experiencia única da man de @obrasocialpediatria e o proxecto “Boas Vibras. Arpistas pola Saúde”.
A música tamén coida, e así quedou demostramos no espazo de xogo de EscondiT onde crianzas e familias descubriron o poder terapéutico da arpa da man de Nuria León Viloria. Pero o máis emocionante foi saber que esta música tamén resoa nos corredores do hospital, acompañando aos pequenos pacientes do CHUS.
Dalle ao play e descobre como foi esta marabillosa actividade!
A campaña #12comercios12sensibilidades segue en marcha! Non perdas o resto de actividades solidarias deste mes en EscondiT. Pásate polo noso punto informativo e descubre como apoiar a Obra Social Pediatría!
06/03/2025
Durante todo o mes de marzo, achégate ao @Escondi.t para coñecer o gran labor de @obrasocialpediatria, que traballa para mellorar a atención e a calidade de vida dos nenos hospitalizados no CHUS.
No punto informativo atoparás folletos explicativos e merchandising solidario. Cada pequena achega suma para seguir impulsando a investigación en pediatría, a humanización dos espazos hospitalarios e a asistencia integral ás familias.
Tamén están programadas varias actividades e talleres para crianzas e familias no espazo de xogo de EscondiT (info e reserva de prazas na ligazón da bio
)
E como cada mes… toca sorteo! #sorteomensual
Queres gañar un dos 2 lotes de produtos solidarios de Obra Social Pediatría? Participar é moi fácil:
Achégate a @Escondi.t cun flyer da campaña, que podes conseguir en calquera dos 12 comercios participantes.
Deposita a túa participación na urna do sorteo.
O sorteo celebrarase o 31 de marzo pola tarde en EscondiT.
Anímate a participar, difunde e axuda a que esta iniciativa chegue moi lonxe! Xogar tamén é coidar!
03/03/2025
No marco da colaboración solidaria de @escondi.t con @obrasocialpediatria, estas son as actividades programadas para deste mes de marzo:
BOAS VIBRAS (Proxecto ARPA) – Mércores 5 marzo | 17:30 h
A música como ferramenta terapéutica! Nuria León Viloria recreará o proxecto que leva ao CHUS, onde a arpa acompaña ós pequenos pacientes, creando un espazo de calma e conexión a través do son.
APRENDENDO A SALVAR UNHA VIDA – Sábado 15 marzo | 11:00 h
Un obradoiro práctico para pais e nen@s, impartido por profesionais do Servizo de Pediatría do CHUS, onde aprenderemos como actuar ante unha urxencia como un atragantamento ou unha parada cardiorrespiratoria.
ABRAZANDO EMOCIÓNS – Martes 18 marzo | 17:30 h
A psicóloga clínica Anxela Delgado guiaranos nun espazo para recoñecer, entender e abrazar as nosas emocións, lembrando que todas son necesarias e teñen un propósito.
CONTACONTOS: Respiración, Lingoreta e Lingoreto – Sábado 29 marzo | 11:00 h
Un conto de Diana Lameiro, narrado por Vanesa Estévez, para concienciar sobre a importancia da respiración nasal e os seus efectos na saúde infantil. Este día, tamén podes traer un libro que xa non uses para darlle unha segunda vida no hospital .
Reserva a túa praza en: linktr.ee/12comercios12sensibilidadesscq (Aforos limitados!)
Xogar tamén é coidar! Anímate a participar!
O comercio de Santiago MOSTRA O SEU COMPROMISO SOCIAL coa volta do proxecto “12 comercios, 12 sensibilidades” 2025
01/03/2025 Trala boa acollida do ano pasado, voltamos repetir esta iniciativa na que participan unha ducia de comerciantes de Santiago para darlle visibilidade a outras tantas entidades solidarias ao longo de todo o ano. Baixo o nome “12 Comercios, 12 Sensibilidades” 2025, a iniciativa permitirá favorecer o fluxo de clientela entre pequenos establecementos de diferentes puntos da cidade e dedicados a distintos sectores, así como dar a coñecer as entidades solidarias coas cales cada comercio se xunta ao longo do mes. O programa conta coa colaboración da Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude.
Cada mes, a iniciativa será protagonizada por un comercio, que difundirá o labor dunha entidade concreta a través de actividades como exposicións, charlas ou obradoiros.
O programa para este mes de marzo ten como protagonistas ás crianzas, vai estar marcado pola unión entre o mundo do xogo educativo e o apoio ás nenas e nenos hospitalizados xa que Escondi T dará visibilidade a @obrasocialpediatria do CHUS que é unha iniciativa que traballa para mellorar a calidade de vida dos nenos hospitalizados e das súas familias, humanizando os espazos e fomentando a investigación pediátrica. Baixo o lema «Coidamos dos nenos. Investigamos polos nenos», Obra social Pediatría ten como obxectivo conseguir achegar a investigación de vangarda ao paciente individual, nun servizo asistencial que combine a mellor atención sanitaria cos valores de humanización no camiño da excelencia, a través dun traballo colaborativo multidisciplinar que implique tamén a estreita colaboración con outros axentes públicos e privados.
O equipo humano do Servizo de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela está comprometido coa excelencia asistencial centrada na rapazada, pero non limitada aos mellores coidados médicos, senón á asistencia integral do paciente pediátrico e os seus familiares. Polo tanto, prestan asistencia á rapazada, pacientes de 0 a 16 anos, e os seus familiares obrigados a prolongar a súa estancia no Hospital (en consultas externas, en urxencias pediátricas, os ingresados en planta de hospitalización, en UCI pediátrica ou os que se atopan en réxime de hospital de día). As accións reflectidas no proxecto facilitan a posibilidade de soportar con maior dignidade situacións tan complexas como as que supón afrontar unha enfermidade crónica, terminal ou moi grave dun ou dunha menor de idade.
En Escondi T, na rúa Rosalía de Castro número 1 e con máis de 20 anos no mercado, consolidouse como un dos referentes na cidade cando se trata de atopar ese agasallo especial para os máis pequenos e non tan pequenos, porque o xogar non ten idade. EscondiT non é só unha xoguetería, senón tamén un lugar de encontro para experimentar, compartir e aprender. Escondi T, está a vosa disposición tanto como unha xoguetería educativa especializada en material de apoio e aprendizaxe así como para poñer ao voso servizo un espazo para xogo en familia no que desenvolver a creatividade e a aprendizaxe, tamén organiza torneos de xadrez, talleres, charlas, actividades divulgativas etc. Educación especial.
Por que visitar EscondiT este mes? Durante todo o mes de marzo atoparás un punto informativo para coñecer mellor o labor de Obra Social Pediatría. Ademais, están previstas varias actividades solidarias abertas a nen@s e familias (prazas limitadas, precísase inscrición) e o sorteo do mes (un lote de produtos solidarios).
Entre todos conseguiremos debuxar un sorriso nos nenos e nenas da planta de pediatría do CHUS. Axúdasnos?
Prestade atención ás nosas redes sociais, pronto desvelaremos todas as actividades previstas no marco desta marabillosa colaboración.
Recordámosvos as próximas citas do calendario de 12 Comercios, 12 Sensibilidades 2025