Xuntanza do goberno coa Unión de Consumidores de Galicia

Axudas e subvencións comercio Santiago

04/08/2023 A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, recibiu esta mañá na Alcaldía a Miguel López Crespo, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia, para abordar asuntos de interese para ambas entidades. Na xuntanza tamén estivo presente a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Comercio, María Rozas.Goretti Sanmartín aproveitou o encontro para felicitar a Unión de Consumidores polo seu 35 aniversario e polo labor feito ao longo deste tempo na defensa dos dereitos das persoas consumidoras. Tamén lle confirmou ao secretario xeral a continuidade do programa #EuCompost_ela, unha iniciativa conxunta que busca fomentar entre a cidadanía un coñecemento máis profundo da economía circular e unha maior consciencia da necesidade de facer un consumo responsable e sustentable, así como da importancia de reciclar correctamente.

Miguel Crespo presentou, así mesmo, unha nova iniciativa, os premios Benfeito de Consumo, que distinguirán o bo facer das empresas galegas que producen, comercializan ou fornecen bens, produtos ou servizos ás persoas consumidoras galegas. A alcaldesa e a concelleira confirmaron a asistencia ao acto de entrega destes galardóns.

Goretti Sanmartín e María Rozas, xunto con Miguel López Crespo

Entradas relacionadas