A XVI edición de Santiago(é)Tapas celebrarase do 13 de febreiro ao 2 de marzo de 2025

Departamento de comercio2

O Sendeiro triunfa no XVI Santiago(é)Tapas

11/03/2025 Sessanta & Novanta, La Morena e Mercedes tamén recolleron premios polas súas tapas no acto celebrado esta tarde no Auditorio de Galicia.

Santiago e Tapas
Premios Santiago e Tapas

O XVI Santiago(é)Tapas, concurso que organiza Turismo de Santiago co apoio da Deputación da Coruña, xa ten as súas tapas gañadoras. A Sala Mozart do Auditorio de Galicia acolleu esta tarde a entrega de premios nun acto conducido por Ainhoa Apestegui ao que asistiron a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, e outros representantes da Corporación municipal; ademais do vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, e o director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), Martín Alemparte. 

Tamén participaron a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil; o delegado comercial de Estrella Galicia en Santiago, Guillermo Fernández; o wine ambassador de Ponte da Boga en Santiago, Alberto García; o xerente de Cash Record, Simón Quintela; o promotor de vendas de Café Dromedario, Bruno Hermida; a xerente do Mercado de Abastos, Marta Rey; e Gloria Bernárdez e Nuria Colemero, representantes de ACEGA (asociación de persoas celíacas de Galicia). 

Goretti Sanmartín destacou que Santiago(é)tapas é un exemplo do modelo turístico no que se está a traballar dende o goberno municipal: un modelo turístico no que a veciñanza e as persoas que nos visitan podan compartir espazos dun xeito harmónico, garantindo ademáis unha rendabilidade sostible para a iniciativa privada de proximidade, que dinamiza a nosa economía e xera centos de empregos na cidade.

Pola súa banda, a concelleira de Turismo, Miriam Louzao, destacou que as 30.000 tapas vendidas nesta edición así como os 12.915  votos válidos rexistrados avalan a decisión que se tomou o ano pasado de trasladar o concurso de novembro a febreiro como ferramenta para fomentar o consumo en tempada baixa. Así, Santiago(é)Tapas consolídase como un evento fundamental para a desestacionalización do sector, en liña co obxectivo municipal de transformar o modelo turístico da cidade. 

Nesta edición presentáronse ao concurso 68 propostas de 42 locais composteláns. As tapas gañadoras foron: 

Mellor Tapa Creativa, dotada cun diploma e 1000 euros: ‘Bonito, millo e lagostino’ de O SENDEIRO. Cabe destacar que O Sendeiro é un establecemento que conta coa distinción á calidade turística SICTED. 

Mellor Tapa Tradicional, dotada cun diploma e 1000 euros: ‘Milfollas de bacallau con cebola caramelizada’ de SESSANTA & NOVANTA

Mellor Tapa Doce, dotada cun diploma e 1000 euros: ‘Ouro de castaña e mazá’ de LA MORENA

Mellor Tapa en Maridaxe con Viño, dotada cun diploma e 500 euros en produto: ‘Bonito, millo e lagostino’ de O SENDEIRO

Mellor Tapa en Maridaxe con Cervexa, dotada cun diploma e 500 euros en produto: ‘Crocante de sardiña afumada’ de MERCEDES

Mellor Tapa sen Glute, dotada cun cheque valorado en 200 euros para a compra de produtos aptos para persoas celíacas: ‘Bonito, millo e lagostino’ de O SENDEIRO

Ademais, tamén recibiron unha chaquetiña cortesía da empresa Utimaq, os 10 locais finalistas que foron, por orde alfabética, Artesana, coa tapa ‘Xenerais da Ulla’; Bodeguilla de San Lázaro, con ‘Cocido galego’; Bodeguilla de Santa Marta con ‘Sabores da terra’; La Morena con ‘Ouro de castaña e mazá’; O Sendeiro con ‘Bonito, millo e lagostino’ e ‘Galmesán, solombo e pesto’; O Testo con ‘Mandarina morada do Cebreiro’; Oca Puerta del Camino con ‘Repolo, papada de porco Celta e cigala’; Orixe con ‘Que morro temos!’; Sessanta&Novanta con ‘Milfollas de bacallau con cebola caramelizada’ e Vilar 64 con ‘Pan chino’.

Durante o transcurso do acto no Auditorio de Galicia tamén se realizou un sorteo dun agasallo especial entre as 12.915 persoas que votaron durante a celebración do concurso, do pasado 13 de febreiro ao 2 de marzo. A gañadora recibirá unha caixa de  produtos de calidade contrastada, DOP, IXP, CRAEGA, cortesía de Agacal, a mesma que os locais gañadores das tres categorías principais.  

O XVI Santiago(é)Tapas, organizado e promovido por Turismo de Santiago baixo o paraugas da marca Compostela Gastronómica, co apoio da Deputación da Coruña, conta como patrocinador principal coa empresa Hijos de Rivera, a través das súas marcas Estrella Galicia, Ponte da Boga e Cabreiroá. Ademais, tamén colaboran co concurso a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), o Mercado de Abastos de Santiago, Cash Record, Café Dromedario, ACEGA (asociación de persoas celíacas de Galica), Utimaq, Obradoiro CAB e SD Compostela.  

Toda a información está dispoñible na páxina web santiagoetapas.gal 

O XVI Santiago(é)Tapas alcanza as 30.000 tapas vendidas e suma preto de 13.000 votos

06/03/2025 Turismo de Santiago consolida o concurso de tapas como unha ferramenta para a desestacionalización da demanda en plena tempada baixa.

A Sala Mozart do Auditorio de Galicia acollerá o vindeiro martes, 11 de marzo, o acto de entrega de premios do  XVI Santiago(é)Tapas, concurso que organiza Turismo de Santiago co apoio da Deputación da Coruña. Porase así o broche final a un certame que neste 2025 creceu tanto o número de tapas consumidas -30.000 fronte ás 25.000 da pasada edición- como de votos válidos rexistrados -12.915, o que supón un 25% máis que no 2024. 

Estes datos avalan a decisión que se tomou o ano pasado de trasladar o concurso de novembro a febreiro como ferramenta para fomentar o consumo en tempada baixa. Así, Santiago(é)tapas consolídase como un evento fundamental para a desestacionalización do sector, en liña co obxectivo municipal de transformar o modelo turístico da cidade. 

Tapas preparadas para degustar no Santiago(é)Tapas 2025

Das 68 tapas que prepararon os 42 locais participantes as máis votadas foron: ‘Lingote’ do Suso con 514 votos, seguida por ‘Xenerais da Ulla’ de Artesana con 425 votos e ‘A Picheleira’, tamén de O Suso con 378 votos.

Por etapas a máis votada foi a (é)Tapa 4/Camiño Primitivo con 3024 votos; seguida da (é)Tapa 1/Camiño Fisterra-Muxía con 2613 votos; e a (é)Tapa 3 – Camiño Portugués con 2480 votos.

Por consumo de tapas a (é)Tapa 4/Camiño Primitivo tamén se consolida con 6486 tapas consumidas, seguida da (é)Tapa 1/Camiño Fisterra-Muxía con 6018 tapas consumidas e a (é)Tapa 6/Camiño do Norte con 4229 tapas consumidas.

Durante o transcurso do acto no Auditorio de Galicia realizarase o sorteo dun agasallo especial entre esas 12.915 persoas que votaron durante a celebración do concurso, do pasado 13 de febreiro ao 2 de marzo. 

Premios

No acto que terá lugar o martes -con acceso limitado a locais participantes así como empresas e entidades patrocinadoras e colaboradoras – daranse a coñecer as gañadoras dos premios á Tapa Creativa, Tapa Tradicional e Tapa Doce; dotadas cun diploma e 1000 euros cada unha delas, e un agasallo extra cortesía de Agacal. Tamén se desvelará o premio á mellor Tapa sen Glute, dotado cun diploma e un cheque valorado en 200 euros para a compra de produtos aptos para persoas celíacas. A elección destas tapas gañadoras será resultado da ponderación das puntuacións outorgadas polo xurado profesional (60%) e polo público (40%). 

Ademais, tamén se premiarán as tapas que, en opinión do xurado profesional, mellor maridan co viño e a cervexa dos patrocinadores Estrella Galicia e Ponte da Boga. As gañadoras nestas dúas categorías recibirán como agasallo 500 euros en produto. 

O XVI Santiago(é)Tapas, organizado e promovido por Turismo de Santiago baixo o paraugas da marca Compostela Gastronómica, co apoio da Deputación da Coruña, conta como patrocinador principal coa empresa Hijos de Rivera, a través das súas marcas Estrella Galicia, Ponte da Boga e Cabreiroá. Ademais, tamén colaboran co concurso a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), o Mercado de Abastos de Santiago, Cash Record, Cafés Dromedario, ACEGA (asociación de persoas celíacas de Galica), Utimaq, Obradoiro CAB e SD Compostela.  

Toda a información está dispoñible na páxina web santiagoetapas.gal 

Enlaces relacionados

Santiago(é)Tapas

Últimos días para gozar do XVI Santiago(é)Tapas e conseguir agasallos por cubrir o Tapasporte

28/02/2025 Este domingo, 2 de marzo, remata o concurso que organiza Turismo de Santiago co apoio da Deputación da Coruña.

O XVI Santiago(é)Tapas, concurso que organiza Turismo de Santiago co apoio da Deputación da Coruña, despedirase este domingo, 2 de marzo. Ata entón o público poderá seguir gozando das 68 tapas que prepararon os 42 locais participantes, ademais de seguir completando o Tapasporte para gañar diferentes agasallos. 

Entre eles, destacan produtos galegos de calidade diferenciada procedentes de DOP, IXP, Agricultura Ecolóxica e de Artesanía Alimentaria (AGACAL); botellas de viño Ponte da Boga; packs de cervexa Estrella Galicia Especial; e lotiños de Cafés Dromedario e ACEGA (asociación de persoas celíacas de Galicia). Así como abonos para o Obradoiro CAB e a SD Compostela, balóns vintage do Compos, libretas e bidóns ilustrados, paraugas, etc.

Selos no Tapasporte

Para recibir algún destes premios é necesario completar polo menos unha das 7 (é)TAPAS que aparecen no Tapasporte, contando cun selo de cada local participante na (é)Tapa que corresponda. Cantas máis realizadas, máis agasallos se poden conseguir. No que levamos de concurso xa se repartiron máis dun cento, sendo 3 as persoas que lograron ata agora rematar os 7 Camiños ou (é)Tapas. 

Tamén hai agasallos directos por contar cos selos de como mínimo unha das tapas en todos os locais incluídos nas rutas de interese especial: doce, sen glute e vexetariana. Nestes casos, o selo debe situarse no espazo correspondente en cada ruta, dispoñible nas páxinas finais do Tapasporte. 

Estes premios deben recollerse na Oficina de Turismo de Santiago (rúa do Vilar, 63), en horario de 10.00 a 18.00 h de luns a domingo, ata fin de existencias ou ata o 10 de marzo (incluído). 

Ademais sortearase un agasallo entre todas as persoas que emitan o seu voto a través dos códigos QR que entregan os establecementos participantes unha vez consumidas as tapas. 

O XVI Santiago(é)Tapas, organizado e promovido por Turismo de Santiago baixo o paraugas da marca Compostela Gastronómica, co apoio da Deputación da Coruña, conta como patrocinador principal coa empresa Hijos de Rivera, a través das súas marcas Estrella Galicia, Ponte da Boga e Cabreiroá. Ademais, tamén colaboran co concurso a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), o Mercado de Abastos de Santiago, Cash Record, Cafés Dromedario, ACEGA, Utimaq, Obradoiro CAB e SD Compostela.  

Toda a información está dispoñible na páxina web santiagoetapas.gal 

Enlaces relacionados

Santiago(é)Tapas

Na primeira fin de semana do XVI Santiago(é)Tapas rexistráronse máis de 4000 votos

18/02/2025 Os 42 establecementos participantes notaron unha gran afluencia de público desde que se iniciou o concurso o pasado 13 de febreiro.

Tapasporte

O XVI Santiago(é)Tapas, concurso que organiza Turismo de Santiago co apoio da Deputación da Coruña, recibiu nos 4 primeiros días un total de 4.180 votos do público. Unha cifra que supón o 40% do total de votos recollidos durante a toda a pasada edición, na que se contabilizaron algo máis de 10.000. 

Estes datos corroboran a gran afluencia de público que percibiron os 42 locais participantes desde o pasado xoves 13 de febreiro, cando se iniciou o concurso, até este domingo día16. Nalgúns establecementos chegáronse a formar colas para poder probar algunha das 68 tapas coas que compiten nesta edición. 

Como votar

As votacións realízanse no propio establecemento no que se consome a tapa. Hai que escanear un código QR que cada local presenta nunhas tarxetas de votación e cumprimentar un formulario. Dende un mesmo terminal pódese emitir un único voto por tapa participante. Entre todos os votos válidos emitidos sortearase un agasallo despois de que remate o concurso, o vindeiro 2 de marzo. 

O XVI Santiago(é)Tapas, organizado e promovido por Turismo de Santiago baixo o paraugas da marca Compostela Gastronómica, co apoio da Deputación da Coruña, conta como patrocinador principal coa empresa Hijos de Rivera, a través das súas marcas Estrella Galicia, Ponte da Boga e Cabreiroá. Ademais, tamén colaboran co concurso a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), o Mercado de Abastos de Santiago, Cash Record, Cafés Dromedario, ACEGA (asociación de persoas celíacas de Galicia), Utimaq, Obradoiro CAB e SD Compostela.  

Toda a información está dispoñible na páxina web santiagoetapas.gal 

Bota a andar o XVI Santiago(é)Tapas

Un dos 42 locais participantes, La Morena, acolleu a inauguración oficial do concurso que se desenvolverá desde hoxe ata o 2 de marzo.

A Corporación municipal probando unha das tapas
O cociñeiro explicando a súa tapa

13/02/2025 A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, a concelleira de Turismo, Miriam Louzao, e o vicepresidente da Deputación de A Coruña, Xosé Regueira, inauguraron este mediodía o XVI Santiago(é)Tapas, concurso que organiza Turismo de Santiago, co apoio da Deputación da Coruña, e que se desenvolverá ata o vindeiro 2 de marzo. 

Fixérono nun acto celebrado no local La Morena, un dos gañadores da pasada edición do certame, acompañadas por Pedro López e Guillermo Fernández, de Estrella Galicia; Martín Alemparte, director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal); e outros representantes da Corporación municipal e das empresas e entidades patrocinadoras e colaboradoras do concurso. 

Alí puideron probar unha das 68 tapas -sete máis que na pasada edición- que poderán degustarse en 42 locais composteláns. Estes establecementos están distribuídos en sete rutas ou (é)Tapas que levan nomes dos Camiños de Santiago. Ademais establecéronse tres rutas de interese especial: sen glute, vexetariana e doce. 

Aquelas persoas que completen estas rutas ou (é)TAPAS no Tapasporte poderán gañar diversos agasallos. Este documento, en formato libriño, pode recollerse en todos os locais participantes e na Oficina de Turismo de Santiago (rúa do Vilar, 63) en horario de 10.00 a 18.00 h de luns a domingo.  Ademais, este sábado 15 de febreiro haberá un premio especial para as persoas que presenten os selos cubertos dos cinco establecementos distinguidos co selo de Calidade Turística SICTED, que son: Bodeguilla de San Lázaro, Bodeguilla de Santa Marta, Redes, O Sendeiro e Orixe.

A alcaldesa Goretti Sanmartín recordou que se trata da segunda edición deste concurso que se celebra en febreiro: “sabemos que o ano pasado funcionou moi ben, conseguiuse que houbera moita xente que se achegase á hostalaría nesta época considerada de baixo consumo”. “Ademais, este ano subimos o número de locais e ademais hai uns percorridos magníficos”, salientou a rexedora que animou a toda a veciñanza de Santiago e da comarca a “achegarse a Compostela, consumir na hostalaría e probar estas tapas deliciosas”.

Premios

Entre todas as tapas presentadas outorgaranse, mediante o voto ponderado do xurado profesional e do público, un premio á mellor tapa creativa, á mellor tapa tradicional e á mellor tapa doce; dotados cada un deles cun diploma e 1.000 euros. Ademais, tamén se premiará a mellor tapa sen glute, que recibirá un cheque de 200 euros para produtos aptos para persoas celíacas; e un premio á mellor maridaxe con cervexa Estrella Galicia e outro á mellor maridaxe co viño Ponte da Boga, consistentes en 500 euros en produto. 

Os votos do público poderán realizarse a través dos códigos QR que lles entregarán os locais participantes unha vez que consuman a súa tapa.  Entre todas as persoas que o fagan, sortearase un agasallo. 

O XVI Santiago(é)Tapas, organizado e promovido por Turismo de Santiago baixo o paraugas da marca Compostela Gastronómica, co apoio da Deputación da Coruña, conta como patrocinador principal coa empresa Hijos de Rivera, a través das súas marcas Estrella Galicia, Ponte da Boga e Cabreiroá. Ademais, tamén colaboran co concurso a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), o Mercado de Abastos de Santiago, Cash Record, Cafés Dromedario, ACEGA (asociación de persoas celíacas de Galicia), Utimaq, Obradoiro CAB e SD Compostela.  

Toda a información está dispoñible na páxina web santiagoetapas.gal 

Algunhas das tapas degustadas esta mañá

Enlaces relacionados

Santiago(é)Tapas

O Tapasporte

Este xoves arranca o XVI Santiago(é)Tapas con 68 propostas de 42 locais a concurso

10/02/2025 Os establecementos participantes están distribuídos en 7 rutas ou (é)Tapas, que se poden consultar no Tapasporte e na web www.santiagoetapas.gal

Un total de 68 propostas de 42 locais composteláns poderán degustarse desde o vindeiro xoves, 13 de febreiro, cando comece o XVI Santiago(é)Tapas, o concurso que organiza Turismo de Santiago, co apoio da Deputación da Coruña. Son dous establecementos de hostalaría e sete tapas máis das que se presentaron na pasada edición do certame. 

Estes locais están distribuídos en sete rutas ou (é)Tapas que levan nomes dos Camiños de Santiago:

CAMIÑO FISTERRA-MUXÍALa Morena / A Lareira / Lusco & Fusco / Marte / Vilar 64 / Nómade

CAMIÑO FRANCÉS: Oca Puerta del Camino / Bodeguilla de San Lázaro / Afiador / A Maceta / Lúas / A Moa 

CAMIÑO PORTUGUÉS: Artesana / Bodeguilla de Santa Marta / A Vaquiña / La Planta / El Estudio / El Muelle 

CAMIÑO PRIMITIVO: A Fuego Lento / Suso / O’Flanagan’s / Redes / Sindueña / A Carrilana 

CAMIÑO INGLÉS: Moito Coffee / Casa Ramos / Pico de Galo / O Testo / Entreportas / Botafumeiro 

VÍA DA PRATA: O Sendeiro / El Cártel de Mawey / Sessanta & Novanta / Cacao / Mercedes / Beher Compostela 

CAMIÑO DO NORTE: Corrosco / Casa dos Xacobes / Medusa / Orixe / Casas Chico / A Ostrería

Ademais, establecéronse tres rutas de interese especial:

RUTA SEN GLUTE: La Morena / Nómade / Bodeguilla de San Lázaro / O Afiador / A Maceta / Artesana / A Vaquiña / El Muelle / Sindueña / Casa Ramos / Pico de Galo / O Testo / O Sendeiro / El Cártel de Mawey / Mercedes / Corrosco / Orixe

RUTA VEXETARIANA: La Morena / A Lareira / Vilar 64 / A Maceta / A Moa / Artesana / El Muelle / Suso / O´Flanagan’s / Sindueña / A Carrilana /O Testo / Corrosco / Medusa 

RUTA DOCE: La Morena / Lusco & Fusco / Vilar 64 / A Maceta / A Moa / El Muelle / Suso / A Carrilana / Corrosco / Medusa 

Aquelas persoas que completen estas rutas ou (é)TAPAS no Tapasporte poderán gañar diversos agasallos, tales como produtos galegos de calidade diferenciada procedentes de DOP, IXP, Agricultura Ecolóxica e de Artesanía Alimentaria; botellas de viño Ponte da Boga; packs de cervexa Estrella Galicia Especial; e lotes de Cafés Dromedario e ACEGA (asociación de persoas celíacas de Galicia). Tamén poderán conseguir abonos para o Obradoiro CAB e a SD Compostela, balóns vintage do Compos, libretas e bidóns ilustrados, paraugas, etc.

O Tapasporte poderá recollerse desde o día de inicio do concurso na Oficina de Turismo de Santiago (rúa do Vilar, 63) en horario de 10.00 a 18.00 h de luns a domingo; e tamén en todos os locais participantes. 

Ademais, o sábado 15 de febreiro haberá un premio especial sorpresa para as persoas que presenten na Oficina de Turismo os selos cubertos dos 5 establecementos distinguidos co selo de Calidade Turística SICTED, que son: Bodeguilla de San Lázaro, Bodeguilla de Santa Marta, Redes, O Sendeiro e Orixe.

O XVI Santiago(é)Tapas, que se celebrará do 13 de febreiro ao 2 de marzo, volve a contar un ano máis como patrocinador principal coa empresa Hijos de Rivera, a través das súas marcas Estrella Galicia, Ponte da Boga e Cabreiroá. Ademais, tamén colaboran co concurso a Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), o Mercado de Abastos de Santiago, Cash Record, Cafés Dromedario, ACEGA (asociación de persoas celíacas de Galicia), Utimaq, Obradoiro CAB e SD Compostela.  

Toda a información está dispoñible na páxina web santiagoetapas.gal 

Agasallos de gastronomía galega para quen complete as rutas do XVI Santiago(é)Tapas

04/02/2025 O Tapasporte con toda a información das tapas poderá recollerse na Oficina de Turismo de Santiago e nos locais participantes.

En pouco máis dunha semana, o vindeiro xoves 13 de febreiro, arrancará o XVI Santiago(é)Tapas, o concurso gastronómico que promove e organiza Turismo de Santiago. E unha edición máis aquelas persoas que completen as diferentes rutas ou (é)TAPAS nas que se distribúen os 42 locais participantes poderán gañar diversos agasallos. Entre eles, destacan produtos galegos de calidade diferenciada procedentes de DOP, IXP, agricultura ecolóxica e de artesanía Alimentaria; botellas de viño Ponte da Boga; packs de cervexa Estrella Galicia Especial; e lotes de Cafés Dromedario e ACEGA (asociación de persoas celíacas de Galicia). Tamén poderán conseguir abonos para o Obradoiro CAB e a SD Compostela, balóns vintage do Compos, libretas e bidóns ilustrados, paraugas, etc.

Para recibir un destes premios é necesario completar polo menos unha das (é)TAPAS ou das rutas de interese especial (doce, sen glute e vexetariana) que aparecen no Tapasporte. Este documento, que volverá ter formato libriño, poderá recollerse desde o día de inicio do concurso na Oficina de Turismo de Santiago (rúa do Vilar, 63) en horario de 10.00 a 18.00 h de luns a domingo; e tamén en todos os locais participantes. 

A forma de conseguir estes agasallos é moi sinxela. Unha vez recollido o Tapasporte, o público poderá percorrer cada unha das 7 rutas ou (é)TAPAS que se estableceron nesta edición. Despois de tomar a tapa en cada local participante, poderá emitir o seu voto a través dos códigos QR que lle entregarán no establecemento e pedir que selen o Tapasporte no lugar correspondente ao petisco consumido.  Unha vez completada e seleda unha ou varias rutas, xa poderá recoller o seu premio na Oficina de Turismo de Santiago, ata o 10 de marzo. 

Ademais, haberá un premio especial sorpresa por cubrir os selos dos 5 establecementos distinguidos co selo de Calidade Turística SICTED, que son: Bodeguilla de San Lázaro, Bodeguilla de Santa Marta, Redes, O Sendeiro e Orixe. 

Por outro lado, o Tapasporte inclúe un apartado denominado Tapasporte Express dirixido a turistas e visitantes que vaian pasar só uns días na cidade e que recibirán o seu correspondente agasallo por conseguir un selo en cada unha das 7 (é)TAPAS. 

Entre todas as persoas que emitan o seu voto, sortearase tamén outro agasallo. 

O XVI Santiago(é)Tapas, que se celebrará do 13 de febreiro ao 2 de marzo, volve a contar un ano máis como patrocinador principal coa empresa Hijos de Rivera, a través das súas marcas Estrella Galicia, Ponte da Boga e Cabreiroá. Ademais, tamén colaboran co concurso a Deputación da Coruña, Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), o Mercado de Abastos de Santiago, Cash Record, Cafés Dromedario, ACEGA (asociación de persoas celíacas de Galicia), Utimaq, Obradoiro CAB e SD Compostela.  

Toda a información está dispoñible na páxina web santiagoetapas.gal 

Enlaces relacionados

Santiago(é)Tapas

O Mercado de Abastos acolle as probas de preselección do XVI Santiago(é)Tapas

17/01/2025 A concelleira de Turismo, Miriam Louzao, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, acudiron esta mañá á Aula Gastrocultural do Mercado de Abastos, onde se están a celebrar desde o pasado martes as probas de preseleción das tapas do XVI Santiago(é)Tapas, que terá lugar do 13 de febreiro ao 2 de marzo. Alí puideron ver como presentaba as súas propostas Jorge Gago, de A Maceta e O Testo, dous dos locais de hostalaría que participarán nesta edición do concurso.

A concelleira de Turismo, Miriam Louzao, visitou o espazo esta mañá
Cociñeiros de 'O testo'

Tamén asistiron representantes doutras entidades e empresas colaboradoras do concurso como o director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), Martín Alemparte; a xerente da Praza de Abastos, Marta Rey; Guillermo Fernández, de Hijos de Rivera; Bruno Hermida, de Cafés Dromedario; Alberto García, de Ponte da Boga; e Nuria Colmenero, da asociación de persoas celíacas de Galicia (ACEGA). Ademais, tamén asistiron os  profesores do CIFP Compostela, Xosé Quintáns e Gonzalo Salgueiros, encargados da preselección das tapas. 

Miriam Louzao destacou que este ano o concurso volve a celebrarse na segunda quincena de febreiro, logo dos bos resultados que se obtiveron o ano pasado. Segundo dixo a concelleira, “continuamos coa nosa aposta clara pola desestacionalización, co obxectivo de dinamizar o sector no mes de menor movemento na cidade”. 

Na edición deste ano inscribíronse 43 locais, tres máis dos que participaron o ano do 2024. Este aumento de participación consolida febreiro como un mes axeitado para o sector ao tempo que se procura fomentar a desestacionalización en tempada baixa. 

Entre os establecementos participantes atópanse moitos dos xa habituais do concurso, xunto a outros novos que se presentan por primeira vez para darse a coñecer e demostrar a calidade da oferta hostaleira da cidade.

Produto galego de proximidade

Nesta edición, o concurso fai unha aposta aínda máis decidida polo produto galego de proximidade. E precisamente por este motivo, o Mercado de Abastos de Santiago adquire un protagonismo especial, reforzándose como colaborador e acollendo por primeira vez a proba de preselección das tapas. 

O XVI Santiago(é)Tapas, que se celebrará do 13 de febreiro ao 2 de marzo, volve a contar un ano máis como patrocinador principal coa empresa Hijos de Rivera, a través das súas marcas Estrella Galicia, Ponte da Boga e Cabreiroá. Repetirán tamén como empresas e entidades colaboradoras, ademais do Mercado de Abastos; Cash Record, Cafés Dromedario, ACEGA (asociación de persoas celíacas de Galicia) e Utimaq. 

Ademais, cómpre destacar o compromiso de AGACAL, que se consolida como un dos principais puntais do concurso, polas súas achegas de agasallos de produtos galegos de calidade contrastada (DOP, IXP e produtos ecolóxicos) e de Experiencias de Calidade, tanto para os locais como para o público participantes.

Toda a información está dispoñible na páxina web santiagoetapas.gal 

Enlaces relacionados

Santiago(é)Tapas

Foto de das probas de preselección do XVI Santiago(é)Tapas

14/01/2025

A XVI edición de SANTIAGO(é)TAPAS xa ten data!😋

📅 Do 13 de febreiro ao 2 de marzo poderemos degustar as exquisitas tapas que propoñen desde a hostalería compostelá.🍴Non volo perdades!

07/01/2025

‼️ÚLTIMOS 2 DÍAS para inscribirse no noso concurso‼️

🍢🌮🧁 Recorda que cada local pode presentar un máximo de dúas tapas, podendo aumentar a tres no caso de ser unha tapa vegana ou vexetariana.

Establécense catro modalidades:
TAPA TRADICIONAL
TAPA CREATIVA
TAPA DOCE
TAPA SEN GLUTE

✍️Inscricións en santiagoetapas.gal ata o 8 de xaneiro.

Aberto o prazo de inscrición dos locais desde o 4 de novembro ata o 8 de xaneiro de 2025

📣 Comeza o período de inscrición para o XVI Santiago(é)Tapas 😄 que terá lugar do 13 de febreiro ao 2 de marzo de 2025

🖱️ Inscrición dos locais ata o 8 xaneiro de 2025

📲 Este ano, como novidade, creamos un formulario online para facilitar a inscrición.

✍🏻 Cúbreo na nosa web santiagoetapas.gal

ℹ️ Tamén podes consultar na nosa web as bases do concurso.

+info👉https://i.gal/K7Bdg

🔸santiagoetapas.gal🔸

santiagoetapas.gal

La Morena gaña o premio á mellor tapa creativa de Santiago(é)Tapas con “Crocante de abelá e praliné de maracuyá”

24/10/2024 Os locais de hostalaría que queiran participar no concurso poderán inscribirse desde o 4 de novembro a través da páxina web santiagoetapas.galO concurso Santiago(é)Tapas desenvolverase por segundo ano consecutivo no mes de febreiro, tralo éxito acadado na pasada edición cando se decidiu mudar de data despois de varias edicións tendo lugar en novembro. Así, o certame que organiza Turismo de Santiago, celebrarase do 13 de febreiro ao 2 de marzo de 2025.

Os establecementos hostaleiros da cidade teñen agora en novembro unha actividade moito máis forte da que tiñan hai uns anos, polo que o Concello de Santiago entendeu, en consenso co sector, que era moito máis acaído cambiar o concurso a unha época de tempada baixa, co obxectivo de seguir fomentando a desestacionalización.

O número de tapas consumidas (preto de 25.000) na pasada edición, e primeira que se celebrou en febreiro, viñeron a corroborar o acerto deste cambio. Este dato é moi relevante por producirse nun mes moi complexo para o sector e, ademais, porque o 40% do consumo foi de persoas que non residen en Compostela.

Prazo de inscrición

O vindeiro 4 novembro comezará o período de inscrición para o XVI Santiago(é)Tapas. Os establecementos de hostalaría interesados en participar disporán ata o 8 de xaneiro de 2025 para poder inscribirse, contando así con dous meses para pensar con calma as súas propostas.

Tanto as bases do concurso como a folla de inscrición estarán á súa disposición na páxina web santiagoetapas.gal.

Poderán participar no concurso todos aqueles locais de hostalaría situados no termo municipal de Santiago de Compostela que o desexen, sempre que estean en posesión das licenzas oportunas.

Entradas relacionadas