O Departamento de Comercio abre o prazo para solicitar a participación no Mercado de Nadal, que se celebrará do 2 de decembro ata o 6 de xaneiro na rúa Carreira do Conde. A inscrición estará aberta ata as 19:00 horas do día 2 de novembro.
O Mercado de Nadal contará con 15 postos de venda instalados en casetas montadas especificamente para esta finalidade. Estará aberto de 11:00 a 14:30 e de 16:30 a 21:30 horas, co horarios especiais os días 24 e 31 de decembro, de 11:00 a 14:30 horas; e o 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro, de 18:00 a 21:30 horas.
A convocatoria está dirixida a artesáns, produtores e comerciantes con capacidade para exhibir e vender produtos, creacións ou elaboracións de Nadal. Terán prioridade os produtos de decoración de Nadal; repostaría e doces, así como outros produtos de alimentación vinculados ás celebracións de Nadal; agasallos artesanais e outros produtos artesanais.
Para tomar parte no Mercado é requisito indispensable cumprimentar a solicitude de participación en liña antes das 19:00 horas do día 2 de novembro de 2017. Ao documento pódese acceder dende este enlace.
Ademais de cumprimentar a solicitude de participación, os/as solicitantes deberán remitir á organización fotografías representativas dos seus produtos e máis proposta de decoración de Nadal do seu posto. Na proposta indicarase tipo de decoración e materiais a utilizar. As fotografías e propostas de decoración remitiranse a mercadonadal@versalscq.com. A solicitude de participación non será válida se non se cumpre esta premisa.
O mercado organizarase en 6 quendas: do 2 ao 7 de decembro, do 8 ao 13 de decembro, do 14 ao 19 de decembro, do 20 ao 25 de decembro, do 26 ao 31 e decembro e do 1 ao 6 de xaneiro. As persoas solicitantes poderán pedir praza para unha, varias ou todas as quendas.
Complementariamente, e fóra do cómputo dos 15 postos de venda sinalados, seleccionaranse tamén expositor
es para: doces producidos in situ (churros, gofres ou similares) e foodtrucks destinados á venda de bebidas non alcohólicas (chocolate quente e infusións, en todo caso), así como de bebidas alcohólicas autorizadas (viño quente e vermú galego).
Os/as interesados/as poden solicitar información complementaria a través da direccións electrónicas comercio@santiagodecompostela.gal ou mercadonadal@versalscq.com, ou do teléfono 981 555 920.