Premios do Comercio galego 2024

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Premios do Comercio galego 2024

Convocatoria: Aberta

Data de publicación: 27/09/2024

Prazo entrega solicitudes: Inicio 28/09/2024 Fin 28/10/2024

información, ligazóns e consultas

Bases da convocatoria

Extracto da convocatoria

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ORDE do 18 de setembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios do Comercio galego 2024 (código de procedemento IN214C).

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración é o órgano encargado de exercer as competencias que, en materia de comercio interior, o artigo 30.I.4 do Estatuto de autonomía de Galicia atribúe á nosa comunidade autónoma, segundo o Decreto 42/2024, do 14 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e o Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia.

O Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, establece que lle corresponden á Dirección Xeral de Comercio e Consumo a planificación, a coordinación e o control das competencias da consellería en materia de comercio interior. Dentro destas cabe sinalar, especificamente, a promoción, o fomento, a modernización e o desenvolvemento do comercio e a programación e a xestión de axudas destinadas a estes fins.

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración aposta por un sector comercial forte, moderno e competitivo capaz de adaptarse ás novas tendencias e ás demandas das persoas consumidoras, dada a súa importancia como elemento clave para o desenvolvemento económico e social das vilas e cidades galegas. Por isto, cos premios do Comercio galego búscase recoñecer o labor dos/das profesionais do sector comercial de proximidade.

Obxecto e ámbito da convocatoria

Esta orde ten por obxecto establecer as bases que rexen os premios do Comercio galego, que se aproban no anexo I, e proceder á súa convocatoria para o ano 2024, co obxectivo de recoñecer o labor dos/das profesionais do sector comercial e contribuír á súa difusión como panca para o desenvolvemento económico e social das nosas vilas e cidades (código de procedemento IN214C).

Os premios do Comercio galego constan das seguintes categorías:

a) Premio Comercio 2024, cunha contía de 5.000 euros.

b) Premio Comercio Traxectoria 2024, cunha contía de 3.000 euros.

c) Premio Comercio Emprende 2024, cunha contía de 3.000 euros.

d) Premio Comercio Dinamización 2024, cunha contía de 5.000 euros.

e) Premio Comercio Consumo responsable 2024, cunha contía de 3.000 euros.

1. As solicitudes (anexo II) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo remata o último día do mes

Entidades beneficiarias

1. Poderán optar ás distintas categorías:

a) Premio Comercio 2024.

As persoas comerciantes retallistas que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade.

b) Premio Comercio Traxectoria 2024.

As persoas comerciantes retallistas que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. O comercio onde desenvolvan a actividade comercial debe ter unha antigüidade mínima de trinta anos.

c) Premio Comercio Emprende 2024.

As persoas comerciantes retallistas que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. O comercio onde desenvolvan a actividade comercial debe ter unha antigüidade de entre dous e catro anos.

d) Premio Comercio Dinamización 2024.

As asociacións e federacións de comerciantes retallistas e as asociacións de persoas vendedoras das prazas de abastos, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Premio Comercio Consumo responsable 2024.

As persoas comerciantes retallistas que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade, e as asociacións e federacións de comerciantes retallistas e asociacións de persoas vendedoras das prazas de abastos, sen ánimo de lucro, que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Cada persoa ou entidade interesada presentará unha única candidatura para optar aos premios do Comercio galego, marcando na solicitude (anexo II) o recadro correspondente á modalidade a que opta.

3. A participación das persoas interesadas supón a aceptación total das condicións fixadas nesta orde e a Dirección Xeral de Comercio e Consumo queda facultada para dirimir calquera controversia derivada da súa interpretación.

4. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas en que se dea algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Prazo E LUGAR de presentación

1. As solicitudes (anexo II) presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código de procedemento IN214C)

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

Entradas relacionadas