Bases reguladoras das Axudas de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais de persoas autónomas (Liña 2.7. PEL-AUTÓNOMOS/AS 2023)

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Bases reguladoras das Axudas de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais de persoas autónomas (Liña 2.7. PEL-AUTÓNOMOS/AS 2023)

Convocatoria: Pechada

Data de publicación: 27/01/2023

Prazo entrega solicitudes: Fin 28/02/2023

información, ligazóns e consultas

ADMINISTRACIÓN LOCAL PROVINCIAL DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Servizo de Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica

Bases da convocatoria

Resolución pola que se aproba a concesión complementaria das axudas de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais de persoas autónomas (PEL-AUTONOM@S/ 2023)

O seu obxecto é regular as axudas para o ano 2023 da Liña 2.7. PEL Autónomos/as, axudas para sufragar parte das cotas da seguridade social do ano 2023 de persoas autónomas nos meses que non reciben outras axudas concedidas por entidades ou organismos públicos ou privados,segundo a definición da base 8ª destas bases reguladoras, para sufragar as cotas correspondentes ao réxime especial ou sistema especial por conta propia da Seguridade Social ou como mutualista de colexio profesional.


A finalidade de estas axudas é o fomento do emprendemento e o traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes poñendo en marcha mecanismos necesarios para a supervivencia e fortalecemento do tecido empresarial autónomo.