Bases reguladoras das axudas de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais de persoas autónomas (Liña 2.7. PEL-AUTÓNOMOS/AS 2024)

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Bases reguladoras das axudas de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais de persoas autónomas (Liña 2.7. PEL-AUTÓNOMOS/AS 2024)

Convocatoria: Pechada

Data de publicación: 15/01/2024

información, ligazóns e consultas

ADMINISTRACIÓN LOCAL PROVINCIAL DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA Servizo de Desenvolvemento Territorial e Transición Ecolóxica

Bases da convocatoria

Resolución pola que se aproba a concesión complementaria das axudas de apoio ao emprendemento a través do financiamento das cotas sociais de persoas autónomas (PEL-AUTONOM@S/ 2024)

O seu obxecto é regular as axudas para o ano 2024 da Liña 2.7. PEL Autónomos/as, axudas para sufragar parte das cotas da seguridade social do ano 2024 de persoas autónomas nos meses que non reciben outras axudas concedidas por entidades ou organismos públicos ou privados,segundo a definición da base 8ª destas bases reguladoras, para sufragar as cotas correspondentes ao réxime especial ou sistema especial por conta propia da Seguridade Social.

A finalidade de estas axudas é o fomento do emprendemento e o traballo por conta propia nos municipios da provincia da Coruña de menos de 20.000 habitantes poñendo en marcha mecanismos necesarios para a supervivencia e fortalecemento o tecido empresarial autónomo.

Terán a consideración de gastos subvencionables dentro desta liña, as cotas mensuais de autónomos correspondentes ao ano 2024 que non reciban ningún tipo de axuda ou calquera outro concepto similar definido na base 8.-Compatibilidade/ incompatibilidade destas bases específicas, por parte de ningunha entidade ou organismo público nin privado.
En todo caso non serán subvencionables as cotas inferiores a 200 € nin as correspondentes a períodos inferiores a un mes natural.

Conta: 642 Descrición da conta: Seguridade Social a cargo da Entidade

Persoas beneficiarias

Estas axudas van dirixidas a persoas autónomas que reúnan con anterioridade á data de fin de presentación das solicitudes os seguintes requisitos:

– Ter o domicilio fiscal nun Concello da provincia da Coruña de poboación menor a 20.000 habitantes conforme os datos máis recentes dispoñibles no Instituto Galego de Estadística e segundo o recollido no Certificado de situación censual da Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).
– Estar dado de alta no Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) ou calquera outro réxime especial ou sistema especial por conta propia da Seguridade Social, con unha antigüidade ininterrompida máxima de 5 años anteriores a data de publicación da convocatoria destas axudas. Considérase que non existe interrupción cando entre o cese e a nova alta transcorran menos de 12 meses.
– Estar dado de alta en algunha actividade empresarial e constar recollida no Certificado de Situación Censual da Axencia Estatal da Administración Tributaria como titular.
– Ter unha antigüidade máxima de 5 anos de exercicio ininterrompido na actividade empresarial que desenrola segundo a Información recollida no certificado de situación censual da entidade. A estes efectos, considérase que existe continuidade na mesma actividade económica cando entre o cese e a nova alta transcorran menos de 12 meses.
– Non recibir na anualidade 2024 ningunha axuda ou concepto similar conforme a definición contida na base 8.-Compatibilidade/incompatibilidade, por parte de ningunha entidade ou organismo público para sufragar as cotas correspondentes ao réxime especial ou sistema especial por conta propia da Seguridade Social.
No caso de que se perciban axudas durante unha parte do ano, poderá solicitarse por aquelas mensualidades onde non se perciban tales axudas sempre que o número de ditas mensualidades sexa igual ou superior a seis meses.

– Exclusións da liña PEL-Autónomos/as

Exclúense dos destinatarios destas axudas os/as autónomos/as colaboradores, os mutualistas de colexios profesionais e os autónomos societarios.
Enténdense como autónomos societarios aqueles que participando na titularidade ou administración dunha entidade empresarial societaria estean obrigados a alta no sistema especial de traballadores por conta propia ou Autónomos, segundo o recollido no Real Decreto Lexislativo 8/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei Xeral da seguridade Social e a súa normativa de desenrolo, e non desempeñen unha actividade empresarial independente e separada da desenvolvida pola persoa xurídica na que participan. Entenderase como mutualistas de colexios profesionais aqueles que se encontren de alta en Mutualidades profesionais como sistema alternativo ao alta obrigatoria no Réxime Especial de Traballadores Autónomos.

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓNS

O prazo de presentación de solicitudes determinarase no anuncio do extracto da convocatoria que se publicará no BOP, por conduto da Base de Datos Nacional de Subvencións.

Lugar: Plataforma de tramitación telemática SUBTEL