Bases reguladoras para a concesión, en concorrencia non competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións para revitalizar o comercio

Axudas e subvencións comercio Santiago

Ficha da subvención

Denominación

Bases reguladoras para a concesión, en concorrencia non competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións para revitalizar o comercio

Convocatoria: Pechada

Prazo entrega solicitudes: Fin 09/03/2023

información, ligazóns e consultas

Xunta de Galicia
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Subdirección Xeral de Comercio
Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía

San Caetano, s/n 15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)
Teléfono: 981544530  Fax: 981545541
Email: cei.dxc.axudas@xunta.gal
http://ceei.xunta.gal/portada
Desde o resto do Estado: 902120012

Bases da convocatoria

Extracto da convocatoria

Solicitude a través da Sede Electrónica

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, pola que se dá publicidade das axudas concedidas

Convocatoria aberta ata o 9/03/2023 ás 23:59 h

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN

ORDE do 27 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CO300B).

O obxecto desta convocatoria e a incentivación da demanda comercial e o incremento das vendas do comercio retallista a través do tícket de dinamización comercial.

Entidades beneficiarias

Primeiro. Entidades beneficiarias

a) As asociacións de comerciantes sen fins de lucro que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia e supere o municipal.

b) As federacións de asociacións de comerciantes que estean legalmente constituídas e cuxo ámbito de actuación se desenvolva na Comunidade Autónoma de Galicia.

Lugar e prazo de presentación

Artigo 2. Solicitudes

Para poder ser entidade beneficiaria da subvención deberá presentarse unha solicitude dirixida á Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta orde, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 6 das bases reguladoras.

Artigo 3. Lugar e prazo de presentación das solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.Para estes efectos, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o último día do mes.